Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Glaicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector do transporte de mercadorías por estrada de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector transporte de mercadorías por estrada de Ourense (código de convenio 3200435, publicado no BOP nº 196, do 26 de agosto de 2000), na que se acorda a revisión salarial do citado convenio, con entrada nesta delegación provincial o día 13-2-2001, subscrito con data 7-2-2001, dunha parte, pola Asociación Autónoma de Empresas de Transporte de Mercancías por Carretera (Apetamcor) e a Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías, Axencias de Transporte de Carga Complementaria e Fraccionada de Ourense (Aetrans), en representación da parte empresarial, e doutra, polas centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG e USO, en representación dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real

decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Ourense para os anos 2000-2001

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Apetamcor.

Isabel Martínez Leboreiro.

María Velo García.

Ana Isabel Gallego Cambeiro.

Aetrans.

Camilo Rodríguez Lemos.

David Suárez Pérez.

Pola parte sindical:

UGT: José Antonio Gómez Gómez.

Serafín Alonso Álvarez.

CC.OO: Amador González Pumar.

CIG: Carlos Vázquez Castro.

USO: Mª Asunción de la Fuente Fernández.

En Ourense, sendo as 19 horas do día 7 de febreiro de 2001, reúnense os membros de comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transportes de mercadoría por estrada da provincia de Ourense, para os anos 2000 e 2001 para actualizaren os salarios para o segundo ano de vixencia do convenio.

A representante empresarial sinala que segundo o establecido no artigo 12 do convenio colectivo de transportes de mercadoría por estrada da provincia de Ourense, para o segundo ano de vixencia, é dicir, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001, aplicarase un incremento salarial equivalente ó IPC real do 31 de decembro de 2000.

Considerando que o IPC do 31 de decembro de 2000 foi do 4%, procede incrementar nesta porcentaxe as táboas salariais e as axudas de custo.

Tendo en conta isto chégase ós seguintes acordos:

1. Modificación do artigo 23º do convenio colectivo, actualizando a contía das axudas de custo.

Artigo 23º.-Axudas de custo. As axudas de custo que haberá que satisfacer ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidade de servicio serán:

3.640 pesetas por día dentro de Galicia.

4.680 pesetas por día no resto de España e Portugal.

6.760 pesetas por día no resto de Europa.

Alternativamente poderase fixar, se así o ten establecido a empresa, o sistema de gastos para xustificar.

2. Modificación da táboa salarial, incrementando a súa contía nun 4%.

ANEXO

CategoríaSalario baseComplemento

de actividade

Complemento

de transporte

Conductor83.200 pesetas/mes10.400 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Mecánico83.200 pesetas/mes10.400 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Conductor-repartidor78.000 pesetas/mes10.400 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Mozo taller73.507 pesetas/mes6.240 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Mozo almacén73.507 pesetas/mes6.240 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Administrativo78.000 pesetas/mes6.240 pesetas/mes2.600 pesetas/mes

Esta revisión salarial é asinada polas centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG e USO, en representación da parte social e pola Asociación Autónoma de Empresas de Transporte de Mercancías por Carretera (Apetamcor) e a Asociación de Transporte de Carga Complementaria y Fraccionada de Ourense (Aetrans) en representación da parte empresarial.

E, sen máis puntos que tratar, levántase a sesión cando son as 19.30 horas no lugar e data indicados no encabezamento, levantándose para o efecto esta acta, que en proba de conformidade asinan os presentes por exemplar sextuplicado.