Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de marzo de 2001 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado San Marcos de Ourense.

Examinado o expediente incoado por Manuel Rodríguez Suárez, en representación da titularidade do centro privado San Marcos de Ourense, solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que, á vista da documentación achegada, a titularidade do centro correspóndelle ó Colegio San Marcos, S.L.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado San Marcos de Ourense a favor de Colegio San Marcos, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola anterior titularidade.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria