Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (expediente 4281/401).

O Consello da Xererencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do parque tecnolóxio e loxístico, presentado o 30-1-2001 polo consorcio Zona Franca de Vigo, redactado polas entidades Agestock AIE e Synconsult, S.L., e polo enxeñeiro de camiños Jordi Robert Delgado (expediente 4281/401).

Segundo.-Con carácter previo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización deberá completarse o seu orzamento cun anexo específico e detallado no que se desagreguen minuciosamente as partidas correspondentes á execución das áreas de aparcadoiros públicos. Do mesmo xeito, deberá tamén emitirse previamente o correspondente informe favorable do departamento de medio ambiente do concello, coa tramitación do procedemento de avaliación ambiental correspondente. Terán tamén que cumprirse as recomendacións e observacións sinaladas polo enxeñeiro técnico de obras públicas no seu informe do 2-4-2001.

Terceiro.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación individualizada ós interesados por el, na forma legalmente prevista.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte o da última publicación. O expediente está á disposición do público no departamento de información urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 6 de abril de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo