Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión de data do 12 de marzo de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura nas Bocas, promovido por Emilio Barreiro Romero e redactado polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese á información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde