Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PERI 3 Canicouva (Castrelos) (expediente 6276/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 1 de marzo de 2001, tomou coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior 3 Canicouva (Castrelos) 06.10 (expediente 6276/411), de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Carlos Quintas Martínez e José Benito Álvarez González, con visado do COAG de data 6 de novembro de 2000, así como das suxestións formuladas ó mesmo pola oficina técnica municipal de planeamento.

Sométese o expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia a fin de que, polas distintas entidades e particulares, se poidan formula-las suxestións que estimen oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 15 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo