Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.019

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación dos artigos 10º e 11º do convenio colectivo da empresa Consorcio Zona Franca de Vigo.

Vista a acta de modificación dos artigos 10º e 11º do convenio colectivo para a empresa Consorcio Zona Franca de Vigo, con nº de código 3600392, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-2-2001, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 2-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do Consorcio Zona

Franca de Vigo

Ano 2000

Modificación artigos 10º e 11º

Artigo 10º.-Xornada.

Modifícase o parágrafo segundo deste artigo, suprimindo a última parte del; polo tanto, queda redactado como segue:

Parágrafo 2º: «Co fin de acadaren a xornada anual efectiva de 1.731 horas, os traballadores poderán gozar, conxunta ou separadamente, un máximo de 5 días libres ó ano».

Non experimentan modificación ningunha os restantes parágrafos (1º, 3º, 4º e 5º) do artigo 10º.

Artigo 11º.-Horarios.

Mantéñense os parágrafos 1º, 3º, 4º, 5º, 6º e 8º. Modifícanse os parágrafos 2º e 7º que quedan redactados como segue:

Parágrafo 2º: «Os traballadores que teñan unha xornada laboral, na data da sinatura do convenio, que inclúa o sábado, pasarán a realiza-lo horario fixado no parágrafo anterior. Igual horario realizará o persoal subalterno de oficina».

Parágrafo 7º: «Os traballadores que presten servicio en quendas de oito horas diarias (40 semanais, podendo estas computárense en períodos de 2 ou 4 semanas segundo as necesidades do servicio) continuarán co sistema de cadros actualmente establecido, concedéndoselle-los descansos necesarios co fin de non superar ou, en caso de que isto ocorra, igualar, a xornada anual de 1.731 horas anteriormente establecida. Para iso, utilizarase o procedemento establecido para a totalidade do persoal no artigo 10º. En todo caso, non se poderá supera-la xornada máxima legal establecida e deberán respectarse os períodos de descanso fixados polas normas laborais en vigor».

Os restantes artigos do convenio manteñen a súa redacción.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

A representación da comisión negociadora

Santiago López-Guerra RománJuan Bacariza Castro

Javier Calles PrietoBenjamín González Lías