Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de marzo de 2001 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Control de Calidad en Mamografía: Guía Práctica 2000.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

* Control de Calidad en Mamografía: Guía Práctica 2000: 1.500 pesetas (9,02 euros).