Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo para o sector de carpintería de ribeira, con nº de código 3600205, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-2-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 6-2-2001. De conformidade co disposto no artigo 17 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería

de ribeira da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Representación empresarial:

Mario Cardama Barrientos.

Ángel Montenegro.

Concepción Nieto.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezaseis trinta horas do día seis de febreiro de dous mil un, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

O artigo 17º.-Revisión salarial, establece que no caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento superior ó 2% efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra. O IPC do 31 de decembro dese ano rexistrou un incremento do 4%, polo que debe efectuarse unha revisión salarial do 2% que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 2000, e que afecta os seguintes conceptos económicos:

ANEXO I

Táboa salarial

Salario

base

Antigüidade

consolidada

* Xeral
Encargado4.290235
Calafate3.763206
Axudante de calafate3.670201
Oficial 1ª4.004220
Oficial 2ª3.763206
Axudante3.670201
Peón especializado3.637199
Peón3.590197
Aprendiz 2º ano3.093170
Aprendiz 1º ano2.895159

* Sección pintura
Encargado4.004220
Oficial 1ª3.763206
Oficial 2ª3.724204
Axudante3.670201

* Administrativos
Xefe166.9679.157
Oficial 1º147.2448.075
Oficial 2º119.3576.545
Auxiliar administrativo107.1165.874
Aspirante87.9874.825

* Subalternos
Capataz de peóns110.1726.042
Porteiros e almacenista104.0585.707

Artigo 21º.-Complemento de transporte.

605 pesetas diarias.

Artigo 22º.-Desgaste de ferramentas.

245 pesetas por día traballado.

Artigo 23º.-Complemento de asistencia.

4.112 pesetas mensuais.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Ana Mª Marín Herrero para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezasete trinta horas do día arriba indicado.