Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001 pola que se incrementa a contía das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 31 de maio, 12 de xullo, 26 de xullo e 28 de xullo de 2000, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño, 24 de xullo, 7 de agosto e 25 de agosto de 2000, respectivamente.

Polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública que a continuación se citan convocáronse bolsas de predoutoramento correspondentes a diferentes programas do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

-Orde do 29 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000): bolsas de predoutoramento do programa de Promoción Xeral da Investigación.

-Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro): bolsas de predoutoramento do programa de Estudios Socioeconómicos e Xurídicos.

-Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro): bolsas de predoutoramento do programa de Biotecnoloxía.

-Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro): bolsas para incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia.

Nas citadas ordes ou nas correspondentes resolucións fixouse o importe destas bolsas en 115.000 pesetas brutas mensuais, pero en tódolos casos se consideraba a posibilidade de incrementa-la dotación das bolsas a partir do 1 de xaneiro do ano 2001, co fin de acada-la total homologación coas bolsas de formación convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

Considerando que a Secretaría de Estado de Educación e Universidades, por Resolución do 7 de novembro de 2000 (BOE do 21 de novembro), estableceu a contía das bolsas de FPU para o ano 2001 (primeira e segunda anualidade) en 120.000 pesetas/mes, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, por delegación do conselleiro da Presidencia e Administración Pública,

RESOLVE:

1. Fixa-la contía mensual das bolsas de predoutoramento concedidas por resolucións da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 31 de maio, 12 de xullo, 26 de xullo, 28 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño, 24 de xullo, 7 de agosto e 25 de agosto, respectivamente) en 120.000 pesetas brutas mensuais desde o 1 de xaneiro do ano 2001 ata a data de remate.

Este incremento financiarase con cargo á mesma aplicación orzamentaria á que se lle imputaron as bolsas (04.07432A 480.0-cód. prox. 04.00.417).

2. Esta disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

P.D.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento