Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de abril de 2001 pola que se declara de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 9 de abril de 2001 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de marzo de 2001 pola que se clasifica como mixta a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central, adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Mondoñedo, o día dez de novembro de 2000, ante o notario Francisco Manuel Mariño Pardo, co número mil cento setenta e tres do seu protocolo, por Jaime Alberto Pita Varela, Andrés Precedo Ledo, José María Moraleja Alonso, Fe Rodríguez Rocha, Manuel Mon Rouco, José María García Rivera, Eulogio Fernández Sampayo, Vidal Martínez Sierra López, Luis Isidoro Rego Valcarce e Antonio Gómez Riguiera; interveñen Jaime Alberto Pita Varela en representación da Xunta de Galicia, Andrés Precedo Ledo como secretario xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia, José María Moraleja Alonso como delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Lugo, Manuel Mon Rego en representacvión do Concello de Burela, José María García Rivera en representación do Concello do Valadouro, Vidal Martínez Sierra López en representación do Concello de Lourenzá, Luis Rego Valcarce en representación do

Concello de Mondoñedo e Antonio Gómez Riguiera en representación do Concello de Alfoz.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto pór en marcha as accións xenéricas enunciadas no Plan de Desenvolvemento Comarcal, deseñando programas, solicitando a súa implantación ós organismos correspondentes, animando e incentivando a participación dos sectores e axentes económicos e sociais ós que vai dirixido.

Así mesmo, poderá acometer actuacións, programas, accións e proxectos que contribúan e incidan no desenvolvemento territorial, económico e social da comarca que constitúe o seu ámbito de actuación.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba

o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Mariña Central no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública