Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001 pola que se lle dá publicidade ó acordo do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención de capacitación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 15 de xaneiro de 2001, e se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos.

De conformidade co previsto na base IV.4 da Resolución do 15 de xaneiro de 2001 pola que se convocan probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada,

axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor (Diario Oficial de Galicia nº 26, do 6 de febreiro), o tribunal designado para a avaliación das citadas probas en sesión celebrada o 29 de marzo adoptou o seguinte acordo:

Elevar a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos para tomar parte nas citadas probas, unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de documentación por parte dos aspirantes que constan na relación provisional de excluídos, anunciando a súa exposición ó público nos lugares establecidos no punto nº 1 da base cuarta da resolución na que se convocan as probas.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á notificación da resolución. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Carlos González Rodríguez

Presidente do tribunal