Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

104 POL 2001 Abadín. Abastecemento auga ás parroquias de Moncelos e A Graña de Vilarente10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 131 POL 2001 Bóveda. Mellora do saneamento e abastecemento auga en Bóveda10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 135 POL 2001 O Corgo. Rede de saneamento en Gomeán de C. Feira á N-VI e de estrada circunvalación e marxe dereita estrada nacional en S. Cristovo10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 139 POL 2001 Friol. Rede de saneamento camiño B e da avda. da Coruña á estrada de Narla e de estrada de Narla ó final do núcleo urbano10.000.0006 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 144 POL 2001 Mondoñedo. Saneamento barrio de Coto de Recadieira10.000.0004 mesesNon se esixe

Nº 149 POL 2001 Outeiro de Rei. Prolongación rede saneamento barrio de cantón cara á depuradora municipal10.000.0002 mesesNon se esixe

Nº 153 POL 2001 A Pontenova. Saneamento en Vilaouruz10.000.0003 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1ª Entidade: deputación.

2ª Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás ós sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 3 de abril de 2001.

Rubricado