Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de acondicionamento e urbanización da C.P. N-541-Montecelo-C-550.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra por importe de 163.516.903 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 2, categoría a; grupo B, subgrupo 2, categoría a; grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo G, subgrupo 3, categoría d; grupo G, subgrupo 4, categoría c; e grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 5 de abril de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado