Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado polo Pleno do Concello de Tomiño en sesión do día 29 de marzo de 2001 o documento do PXOM adaptando as vixentes NN.SS. á Lei 1/1997, do solo de Galicia, unha vez que o citado expediente recibiu o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto na Lei 7/1995, da Xunta de Galicia, en concordancia co disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar do mesmo xeito que, publicado este edicto no DOG e BOP e nun xornal de tirada provincial, o concello publicará no BOP as normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local, modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), e non entrará en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.

Contra o citado acordo, que é firme en vía administrativa, os interesados poderán presentar recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto.

Cabe tamén, con carácter potestativo, a presentación no prazo dun mes do recurso de reposición ante o Pleno do Concello, en aplicación do disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Tomiño, 3 de abril de 2001.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde