Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 4.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Coto Teixido. (Expediente 20/1999-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables S.A. (actualmente denominada Endesa Cogeneración y Renovables) con enderezo para efectos de notificacións na rúa do Castiñeiriño, 12-3º-A, CP 15702-Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Coto Teixido, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 25 de febreiro de 2000, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de ejecución, do parque eólico denominado Coto Teixido, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real Decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto

2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 16 de marzo de 2000, publicada no DOG do 4 de abril, no diario El Ideal Gallego do 3 de abril, no BOP da Coruña do 5 de abril e no taboleiro de anuncios dos concellos de Ortigueira e Mañón.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Josefa Angelita Jarel Rey manifesta que un predio da súa propiedade se encontra afectado polas

instalacións do parque eólico, polo que solicita sexa desafectado ou ben indemnizado axeitadamente.

2. Fátima Ojea Barcón, avogada actuando en representación de Raimundo García Caaveiro, Gonzalo Gómez Guerreiro e María Gómez Guerreiro, Mercedes Durán Corral e Emilia Sanjurjo Durán, manifestan ser donos de predios situados na parroquia das Neves (concello de Ortigueira), nos lugares coñecidos como Corvite Grande, Corvite Pequeno, As Zaipas e non do Concello de Ortigueira tal como aparece no Rexistro da Propiedade.

As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de efectos ambientais do citado parque.

Terceiro.-O 6 de outubro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Coto TeixidoOrtigueira e MañónXY

1596.0004.287.400

2596.5004.827.400

3597.0004.826.400

4597.8004.826.000

5598.0004.825.300

6599.4004.825.000

7599.0004.824.000

8598.0004.824.500

9597.4004.823.400

10596.5004.824.000

11595.6004.823.600

12595.8004.824.200

Características técnicas do parque:

Nº deaeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual estimada: 64.489 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.493.343.215 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación de aeroxeradores e centros de transformación de aeroxeradores e centro de distribución de 30 kV.

-Liñas subterráneas de comunicacións entre aeroxeradores e centro de distribución de 30 kV formadas por cable de comunicacións con tres pares independentes.

-Centro de distribución de parque en 30 kV, dotado de paramenta de seccionamento, manobra e protección para a súa interconexión coa liña de evacuación.

Cuarto.-O 9 de febreiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, reducíndose o número de aeroxeradores de 37 a 35, producíndose unha redistribución dos aliñamentos e un cambio na numeración destes.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, de 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Non podemos acepta-la alegación formulada por Josefa Angelita Jarel Rey, xa que esta non se encontra incluída na relación de propietarios afectados polas instalacións do parque eólico.

2. En relación coa alegación formulada por Fátima Ojea Barcón respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón delas, non obstante será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la súa titularidade achegando a documentación acreditativa necesaria.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar a Made Energías Renovables, S.A. instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Coto Teixido, para unha potencia

de 23,1 MW. que se vai situar nos concellos de Ortigueira e Mañón.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998 e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 69.866.864 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.493.343.215 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG de 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 9 de febreiro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria