Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da asistencia técnica para impartir cursos de acuarioloxía no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para impartir cursos de acuarioloxía no Igafa.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Lugar de execución: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

d) Prazo de execución: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.240.000 pesetas (25.482,91 euros) impostos incluídos, distribuídos en dúas anualidades:

-Ano 2001: 2.120.000 pesetas.

-Ano 2002: 2.120.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=235.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Farase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se faga por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación