1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: montes, parques e xardíns, nº de expediente: 13783/240.
2. Obxecto do contrato: descricións: servicios de conservación e reposición de parques forestais do Concello de Vigo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: 2 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 24.473.661 pesetas/ano (165.120,03 euros/ano).
5. Garantías: provisional: 978.946 pesetas (5.883,58 euros).
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 5, categoría a.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: ata o día 30-4-2001.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do 2-5-2001.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 10.3 do prego de condicións administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Vigo, 6 de marzo de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde