Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión celebrada o día 29 de marzo de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela sita entre as rúas de Leiras número 45 e Xosé Solla, número 89, segundo proxecto redactado polo arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez.

Durante o prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo seu contido nas dependencias do Concello de Soutomaior e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Soutomaior, 30 de marzo de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde