Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do 26 de febreiro de 2001, aprobou inicialmente o Plan Parcial do Polígono Único da Almáciga, promovido por Ibercelta, S.L.

O ámbito obxecto de ordenación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: camiño público que linda co colexio Santiago Apóstolo, e traseiras dos edificos números 37 ó 43 da rúa de Betanzos.

Sur: traseiras dos edificios con fronte ó Campo da Angustia e á rúa da Costanilla do Monte (parcelas catastrais 63, 59, 31, 30, 29, 28, 36, 22 e 21 do polígono 79825).

Leste: rúa de Betanzos, no tramo comprendido entre os números 5 e 43, quedando fóra do ámbito os números 5, 13 ó 23, e 33 ó 43 da dita rúa.

Oeste: rúa da Costanilla do Monte, no tramo comprendido entre o número 20 desta rúa (excluído) e o número 65 da rúa de Teo (tamén excluído).

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de planeamento e xestión, sitas no pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Para os efectos do previsto no artigo 42.6º da LSG e co obxecto de que sirva de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública, publícase de seguido a relación das parcelas e propietarios afectados polo plan parcial.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

ParcelaReferencia catastralTitularSuperficie

(m)

1Ibercelta, S.L.10.800

27982520NH3478DMaría García Méndez1.058

3Severino Otero Otero689

47982513NH3478DHros. de Francisco Lado Fernández443

5José María Castro Tato132