Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de submnistración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: subministración de equipamento informático para servicios desta deputación provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 14.500.000 pesetas.

4. Prazo de entrega: 1 mes.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral de deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 75, do 31 de marzo de 2001.

Lugo, 2 de abril de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretrario da Deputación Provincial de Lugo