Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 58/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 58/2000.

Denunciado: Antonio Iglesias Barcón.

DNI/CIF: 76.401.917.

Último enderezo coñecido: Suasbarras, 4-3, Covas, Viveiro-Lugo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: trinta mil pesetas.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña