Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a reedición do Manual e cadernos de saúde bucodental para o impulso da educación para a saúde na escola (C/130-2001).

Obxecto e orzamento: reedición do Manual e cadernos de saúde bucodental para o impulso da educación para a saúde na escola, por un importe máximo de sete millóns cento cincuenta e catro mil pesetas (7.154.000 pesetas, IVE incluído) equivalentes a 42.996,41 euros.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula, 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: non se esixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos