De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociales da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 236/2000.
Denunciado: Hernando Álvarez, Tomé.
DNI/CIF: 32.782.529-P.
Último enderezo coñecido: Galera, 49, A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cincuenta mil pesetas.
A Coruña, 12 de decembro de 2001.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña