Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 13 de febreiro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-114/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-114/2000, incoado ó titular do establecemento de restaurante denominado Delicias, situado no lugar de Tatín, 22, Ouces, de Bergondo (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non

efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

Expediente: AC-114/2000.

Sancionado: José Manuel Caridad Mosquera.

Establecemento: Restaurante Delicias.

Domicilio: lugar de Tatín, 22, Ouces.

Localidade: Bergondo (A Coruña).

Resolución: 13 de febreiro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.7º da Lei 9/1997.

Sanción: catrocentas mil (400.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo