Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña).

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo I, a parte dispositiva da resolución do recurso

de alzada interposto por Dolores Berta Veiga Lence, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña); facéndose constar que contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Manuel López Casas

Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Destinatario: Dolores Berta Veiga Lence.

Domicilio: r/ Algalia de Arriba nº 43-2º, Santiago de Compostela-A Coruña.

Texto: «Esta consellería, por todo o que antecede, resolve desestima-lo recurso de alzada interposto por Dolores Berta Veiga Lence, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña)».