Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santo Estevo de Sedes (Narón-A Coruña).

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo I, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Juan Queiro Queiro, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santo Estevo de Sedes (Narón-A Coruña); facendo constar que contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2001.

Manuel López Casas

Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Destinataria: Amalia Vizoso López.

Domicilio: Ferreiras nº 6, 15.578-Narón-A Coruña.

Texto: esta consellería, por todo o que antecede, resolve estimar parcialmente o recurso de alzada interposto por Juan Queiro Queiro, en representación de Marcultura, S.A., contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Santo Estevo de Sedes (Narón - A Coruña), no sentido de:

1. Variar, tal e como se reflicte nos planos que se achegan, a configuración dos predios nº 766 (Marcultura, S.A.) e 767 (Amalia Vizoso López e outros), que permanecen coas mesmas superficies e valores.

2. Detraer das atribucións de Marcultura, S.A., o predio nº 1.203, e variar, tal e como se reflicte nos planos que se achegan, a configuración da nº 1.204, e creando unha rampla de acceso, quedando tras iso cunha superficie de 55-00 áreas e un valor de 440.000,00 puntos.

3. Variar, tal e como se reflicte nos planos que se achegan, a configuración do predio nº 1.202 (Jesús Vázquez Iglesias), que pasa a figurar cunha superficie de 68-75 áreas e un valor de 550.000,00 puntos.