Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dunha producción audiovisual sobre a artesanía de Galicia. (Expediente 1/2001 DXPI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 1/2001 DXPI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dunha producción audiovisual sobre a artesanía galega, para os efectos de lle dar a coñecer ó consumidor que utiliza este tipo de productos como ferramenta estética e diferenciadora do deseño, a decoración, a arquitectura, etc. apreciando as cualidades principais que lle dan valor engadido ó producto

Prazo de execución: 2 meses desde o día da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de pesetas equivalentes a 60.101 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (200.000 pesetas; 1.202 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º.a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra

de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) da mesma lei, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, ou por medio dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999; DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio