Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/20-2, 5597 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. parque empresarial Quiroga.

Situación: Quiroga.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 con orixe no apoio nº 3 de L.M.T. a C.T. Vilar do Mato e fin no apoio nº 5 de L.M.T. a C.T. Vilar do Mato. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. de 406 m de lonxitude. C.T. prefabricado de 630 kVA relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de marzo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo