Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, número 15, do 19 de xaneiro de 2001, publicáronse integramente as bases e programas da convocatoria para cubrir unha praza de asistente social, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello e incluída na oferta pública de emprego para o 2000.

Consonte co establecido nas bases da convocatoria o prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Vimianzo, tres de abril de dous mil un.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde