Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

Realizado o avance correspondente ó proxecto de ordenación do medio rural deste concello e posto en coñecemento do Pleno, sométese durante o prazo dun mes á información pública, podéndose formular no mencionado prazo as alegacións e achega-los documentos que poidan terse en conta na redacción do proxecto.

Touro, 6 de marzo de 2001.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde