Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 29 de marzo de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do sector B do polígono industrial redactada polo arquitecto Arturo Conde Aldemira por iniciativa de Caixavigo Ourense, hoxe Caixanova.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicalo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 30 de marzo de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa