Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do 29 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector A1 de San Cibrao das Viñas redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras cun orzamento de execución material que ascende á cantidade de 128.859.843 pesetas, condicionado ó cumprimento na execución das obras das condicións impostas polo técnico municipal no seu informe de data 22 de marzo de 2001.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de mayor difusión da provincia, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

San Cibrao das Viñas, 30 de marzo de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa