Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de marzo de 2001, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalaran de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove, (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996), coas modificacións introducidas pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, para o contrato das características que se citan a seguir:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: acondicionamento dos accesos ás parroquias de Lago, Monte e Rigueira do Concello de Xove do p.k. 0 o p.k. 4,950.

2. Tipo de licitación: 11.058.229 pesetas (66,461 euros) (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real, s/n, 27870 Xove), facilitarase así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo eléctrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 221.164 pesetas (1,329 euros).

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra cofinanciada incluída no Plan provincial de cooperación de 2001 con MAP e Deputación Provincial de Lugo.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 9 de marzo de 2001.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario