Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal: modificación e permuta de solo no lugar dos Airios, e da modificación puntual do plan parcial de ordenación do sector dos Airios.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 6 de marzo de 2001, adoptou entre outros, os dous acordos seguintes:

A) Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal. Modificación e permuta de solo no lugar dos Airios.

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación das normas subsidiarias municipais das Pontes de García Rodríguez: modificación e permuta de solo no lugar da Mourela, consistente en transforma-lo sector A de 780,20 m en solo rústico común (para permiti-la posibilidade de ampliación da subestación eléctrica da Mourela), e transforma-lo sector B de 912,40 m actualmente clasificado como solo non urbanizable (rústico común) destinado a formar parte do plan parcial de ordenación do sector dos

Airios, como zona destinada a uso de parque deportivo, dentro dos servicios de interese público e social do propio plan parcial.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local, coa advertencia de non haber cambio na normativa ou ordenanzas reguladoras.

Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia do expediente administrativo e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997.

B) Modificación puntual do plan parcial de ordenación do sector dos Airios.

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do plan parcial de ordenación do sector dos Airios, consistente na permuta do sector A cunha superficie de 780,20 m que na actualidade pertence ó plan parcial como solo incluído nos servicios de interese público e social como parque deportivo, a transformar en solo non urbanizable (rústico común), e a permutar polo sector B cunha superficie de 912,40 m para compensa-la perda da destinada a parque deportivo, que procedente de solo non urbanizable (rústico común) transfórmase en parque deportivo do plan parcial. Ámbalas parcelas do lugar da Mourela.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local, coa advertencia de non haber cambio na normativa ou ordenanzas reguladoras.

Terceiro.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia do expediente administrativo e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997.

Contra os expresados acordos cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa última publicación (no BOP ou no Diario Oficial de Galicia), se ben, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.

As Pontes de García Rodríguez, 9 de marzo de 2001.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde