Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de marzo de 2001, a modificación número 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, para instala-la nova depuradora, consistente en troco de posición do espacio libre 2 que ocupará, agora parte do solo ubanizable non programado e demais delimitación dun espacio destinado a sistema xeral infraestructuras urbáns que ocupa parte dos terreos delimitados como espacio libre EL2, zona próxima ó río Miño cualificada anteriormente como solo non urbanizable de protección de leitos e terreos anexos, cualificados anteriormente como solo urbanizable non programado.

Conforme establece o artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia e demais normas concordantes, sométese o dito expediente a información pública polo prazo dun mes, durante o cal pode examinarse na secretaría municipal e presentarse as reclamacións que se desexen.

Rábade, 15 de marzo de 2001.

Francisco-Xosé Fernández Montes

Alcalde