Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (52/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do 22 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 1 do SU-6 de Ourense, por instancia de José Álvarez Seara, en representación de Jose Álvarez Seara e Ángel Alonso Pérez, C.B., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería de data 9 de febreiro de 2001, e servicio eléctrico de data 28 de febreiro de 2001 dos que se dará traslado ó interesado logo de constitución de garantía na cantidade de 8.430.782 pesetas (oito millóns catrocentas trinta mil setecentas oitenta e dúas pesetas) para responder da execución das obras o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de marzo de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde