Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión do servicio de mantemento, conservación e explotación da estación depuradora de augas residuais deste concello.

b) Lugar de execución: A Peneda-Monterroso.

c) Prazo de execución: 5 anos, prorrogables mediante acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: establécese un prezo unitario de 40 pesetas por metro cúbico de auga facturado ós usuarios do servicio municipal de rede de sumidoiros.

5. Garantías.

a) Provisional: 300.000 pesetas.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación, entendido como prezo anual do contrato.

6. Obtención de información: Concello de Monterroso, praza de Galicia 1. Código postal 27560. Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se establecen.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

Sobre A: comprenderá a oferta económica segundo o modelo que se establece nas base XXIX, e todos e cada un dos documentos que se sinalan no artigo 17.2º do prego de condicións económico-administrativas particulares.

Sobre B: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan na base XVII do prego de condicións económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso, praza de Galicia número 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 2 de abril de 2001.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente