Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 28/00C por infracción da Lei de caza de Galicia.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á

Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 15 de marzo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 28/00C.

Denunciado: José Álvarez Ferreiro.

DNI: 34721079A.

Último enderezo coñecido: A Madalena. Monterrei (Ourense).

Feito probado: transitar con tres cans sen a debida dilixencia para evitarlle molestias á fauna.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.11º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.