Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto básico de planta de transformación de productos MER no complexo medioambiental de Sogama.

En cumprimento do disposto no acordo do 22 de marzo de 2001 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de impacto ambiental do citado proxecto, reducíndose á metade os prazos de tramitación, o órgano ambiental somete o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 15 días.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto básico da planta de

transformación de productos MER no complexo medioambiental de Sogama.

2. Para os oportunos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Coruña.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental