Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 30/2001, interposto por María del Carmen García Escurís.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 30/2001, interposto por Mª del Carmen Gar

cía Escurís, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de novembro de 2000, pola que se regula a integración do persoal procedente das cámaras da propiedade urbana de Galicia (DOG nº 222, do 16 de novembro de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública