Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000236/2001, interposto pola Federación Galega de Balonmán.

Con data do 12 de marzo de 2001, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000236/2001, interposto pola Federación Galega de Balonmán contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva de data 7 de decembro de 2000 sobre sanción de multa e perda do encontro e perda de dous puntos.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte