A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelle ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, vista a proposta de cesamento realizada pola Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da provincia de Pontevedra
do representante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e en canto órgano competente,
DISPOÑO:
Que cese Benjamín de Francisco Martínez como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da provincia de Pontevedra, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2001.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda