A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 27 de marzo de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización 1ª etapa fase nº 1 do sector SAUI-1 de Meicende, promovido por José Antonio Souto Meizoso, en representación de Investcos, S.A. (expediente 13/2001.PUR), o cal queda sometido a información pública pola prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se considere no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis-
tracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 2 de abril de 2001.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde