Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O día 8 de marzo de 2001 dictouse o seguinte decreto:

Resultando que por decreto da alcaldía do día 2 de novembro de 2000 foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do polígono da Balsa redactado por Bergantiños Área Comercial e sendo some

tido á información pública regulamentaria dun mes e exposto no taboleiro de anuncios do concello, publicado no xornal La Voz de Galicia do 10 de novembro e no DOG do 15 de novembro de 2000, durante o cal non se presentaron alegacións,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono da Balsa, presentado por Bergantiños Área Comercial e redactado por Gonzalo Serantes Conchado, cun orzamento de cento seis millóns setecentas dezaoito mil seiscentas noventa e unha pesetas (106.718.691 pesetas).

Segundo.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP.

Contra a anterior resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso

dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos nesta resolución.

Carballo, 8 de marzo de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde