Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos certames Conxemar 2001 (Vigo, do 2 ó 4 de outubro) e Anuga 2001 (Colonia, Alemaña, do 13 ó 17 de outubro).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta millóns (30.000.000) de pesetas (180.303,63 euros).

5. Garantías.

Provisional: 600.000 pesetas (3.606,07 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702-Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=270.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: as catorce (14) horas do día 7 de maio de 2001.

Documentación para presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Edificios Administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 10 de maio de 2001.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados