Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.798

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de abril de 2001 pola que se procede ó nomeamento como funcionarias do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Orde do 21 de decembro de 1999.

Vista a Resolución do 9 de marzo de 2001 (DOG nº 51, do 13 de marzo) do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo, convocado pola Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG nº 248, do 27 de decembro) e así mesmo vista a Orde do 13 de marzo de 2001 (DOG nº 56, do 20 de marzo) pola que se eleva a definitiva a dita proposta, verificada la concorrencia de los requisitos esixidos nas bases de la convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, pola que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, nas bases de la convocatoria e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarias do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A)

escala de letrados, as aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, destinándoas con carácter provisional ós postos de traballo que así mesmo se especifican.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarias, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir da data da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día siguiente ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados, desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Nº: 1.

Apelidos e nome: Solar Jimeno, Natalia.

DNI: 32.829.089.

Puntos: 83,51.

Posto de destino:-Código: PR.P02.00000.15770.104.-Denominación: letrado asesor.-Centro de destino: Asesoría Xurídica Xeral.-Localidade: Santiago de Compostela.

Nº: 2.

Apelidos e nome: Novoa Suárez, María Jesús.

DNI: 46.569.317.

Puntos: 77,28.

Posto de destino:-Código: PR.P02.00000.15770.107.-Denominación: letrado asesor.-Centro de destino: Asesoría Xurídica Xeral.-Localidade: Santiago de Compostela.