Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.799

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (277/2000-3).

Por este edicto faise saber que no recurso contencioso-administrativo número 277/2000-3, seguido neste xulgado por instancia de María Luz Hermilla Porto, contra resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública pola que se resolve o concurso para provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia, Orde do 28 de xullo de 2000, publicado no Diario Oficial de Galicia o 7 de agosto, dictouse resolución xudicial no día da data na que se acorda a publicación deste edicto, polo qe se fai saber a cantas persoas a prol das cales puidese derivarse algún dereito do acto administrativo impugnado e ós que tivesen interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado que poden comparecer nos autos, en legal forma, no prazo de nove días desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados se ó seu dereito lles conviñer, baixo apercibimento de que, en caso de non comparecer, seguirase a tramitación do recursoa súa

ausencia.

Na Coruña, 9 de marzo de 2001.

O secretario

Rubricado