Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases xerais e específicas para cubrir prazas correspondentes á oferta de emprego público do ano 2000.

No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º a) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal, sendo as bases

xerais e específicas aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión do día 15 de xaneiro de 2001, as seguintes:

Bases xerais

A) Persoal funcionario.

I. Obxecto da convocatoria.

É a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2000, que se acordan ofertar e que son as seguintes:

Técnico administración xeral: 1 praza.

Administrativo de administración xeral: 1 praza.

Auxiliar de administración xeral: 1 praza.

Técnico medio de bibliotecas: 1 praza.

Técnico prevención riscos laborais: 1 praza.

Técnico medio serv. económicos: 1 praza.

Operadores de informática: 2 prazas.

Garda: 30 prazas.

Bombeiro: 5 prazas.

Conductor-bombeiro: 3 prazas.

II. Natureza e características.

En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distinta da libre.

III. Publicidade das convocatorias.

As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da casa do concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

a) Ser español/a.

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cás dos españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

As reservas a aspirantes de nacionalidade española deberán estar motivadas en estar relacionadas específica e directamente co exercicio do poder público e farase constar expresamente en cada convocatoria específica.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima distinta para o ingreso, o que se fará constar nas bases específicas.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data que remate o prazo de presentación de instancias.

No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minus

validez en igualdade de condicións cos demais aspirantes.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalías que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, antes do nomeamento acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da praza.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do Servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 4.120 pesetas; prazas dos grupos C, D e E, 2.315 pesetas.

h) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio polo secretario xeral, no que se faga constar que o interesado/a cumpre as condicións para participar, esixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pago dos dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

V. Forma de presentación da documentación que se achegará para a fase de concurso.

Cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.

Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso.

O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustifica-los méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos soamente alegados.

Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestados servicios no Concello de Vigo, bastará con face-lo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó concello e o departamento, servicio ou unidade na que se prestaron. No caso contrario deberase achega-la correspondente certificación dos servicios prestados por parte do aspirante.

VI. Presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

VII. Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador.

A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos se encontran expostas ó público no taboleiro de edictos da corporación xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP para a corrección, por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da dita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A dita lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se nón as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar cá provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo dun mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.

VIII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros, con voz e voto:

-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario: un funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou da corporación integrado na escala de administración xeral, subescala técnica, designado/a polo órgano convocante.

-Vocais: un representante da corporación. Un representante designado pola Comunidade Autónoma. O xefe/a do servicio correspondente á especialidade. Un ou unha representante da Xunta de Persoal designado/a por aquel.

Calquera outro que fose preceptivo nomear segundo a normativa vixente, e que se fará constar nas bases específicas.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos/as suplentes que serán designados/as xunto cos/cas titulares.

Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente, ou estar integrados/as no grupo de titulación que corresponda a aquela.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dun asesor/a, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo, na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Comunidade Autónoma e na proba de coñecemento de idiomas oficias da Unión Europea, o tribunal poderá acorda-la incorporación como asesor dun especialista na lingua obxecto do exame, que será designado pola alcaldía, tamén contará coa asistencia técnico-administrativa dun funcionario/a da Unidade de Persoal.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas que se convocan, incorrendo en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Tódalas actuacións do tribunal se publicarán no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar donde se leven a cabo as probas.

Os membros do tribunal e os asesores que se poidan designar por aquel, que asistan ás sesións, percibiran axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto, as categorías dos tribunais serán as seguintes:

1ª Selección de funcionarios/as do grupo A.

2ª Selección de funcionarios/as do grupo B.

3ª Selección de funcionarios/as do grupo C.

4ª Selección de funcionarios/as do grupo D.

5ª Selección de funcionarios/as do grupo E.

IX. Comezo dos exercicios.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, atrasándose a data de inicio das probas para cumpri-lo mencionado prazo, se fose preciso.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.

Nos concursos-oposicións comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición, así como a relación de aprobados por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen.

X. Sistemas de selección.

Con carácter xeral establécese o concurso-oposición, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esíxa outro sistema.

1. Fase de concurso:

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, salvo que legalmente se esixa outro:

a) Coñecemento e experiencia profesional:

Valorarase con 0,20 puntos por ano, ata un máximo de 2 puntos. Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e acreditaranse con certificación de servicios prestados expedida polo organismo oficial no que se prestaron; ou con contrato de traballo inscrito no INEM e certificación da Seguridade Social se os servicios se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponde coas da praza.

b) Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación continua de administracións públicas (I e II AFCAP), dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal e cursos incluídos nos plans anuais de formación do concello, sempre que o certificado de asistencia o expida o concello.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo INEM ou a Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, directamente ou a través dos convenios de colaboración que teñen establecidos con organismos ou entidades para a formación dos traballadores nos oficios obxecto do posto ó que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

A puntuación máxima por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a ser valorados.

c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións da praza.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto, se son superiores ós do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo nivel.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

Deberá acreditarse fidedignamente que a duración dos estudios necesarios para obte-lo título ou certificado académico é como mínimo dun curso académico ou, no seu defecto, nove meses.

A puntuación por este punto non poderá exceder de 2 puntos.

2. Fase de oposición.

Salvo que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo o tribunal poderá acorda-la lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública.

A forma de practicarse o exercicio será acordada polo tribunal en cada caso en función das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.

No exercicio práctico o tribunal poderá propoñe-los casos prácticos que se sinalen nas bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario específico, e con base a eles establece-la duración do mesmo, sen prexuízo do que poida establecerse nas bases específicas.

A solución dos casos prácticos, ou cando menos os criterios para a súa valoración, deberán ser fixados polo tribunal antes de iniciarse o exame e constar na correspondente acta.

Ademais practicarase unha proba de coñecemento do idioma galego, que fixará o tribunal atendendo á categoría e funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas bases específicas de cada convocatoria.

Por último, para as prazas que se indiquen en cada convocatoria específica, practicarase unha proba voluntaria de coñecemento dos idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, coa exclusión do galego e o castelán. Só poderán elixirse 4 como máximo.

A proba consistirá nunha traducción dun texto en castelán ó idioma ou idiomas elixidos, sen axuda do diccionario.

A participación nesta proba deberá solicitarse na propia instancia, indicando o idioma ou idiomas dos que solicita examinarse o/a aspirante. Sen este requisito non se lle permitirá a participación no exame.

Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles, salvo que nas bases específicas se dispoña outra puntuación.

A proba de coñecemento de idioma galego cualificarase cun máximo de 2 puntos.

A/o aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realize o concello, co fin de obte-la debida capacitación.

A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder do 40% do total da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición, rebaixándose cando fose preciso para non exceder do dito tope.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso -co límite máximo do 40% da puntuación total-, nos exercicios da oposición e nas probas de coñecemento do idioma galego e se e o caso, doutros idiomas da Unión Europea e das comunidades autónomas, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

A proba de coñecemento dos idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas con lingua vernácula, cualificarase con 0,50 puntos por idioma, cun máximo de 2 puntos.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal asistentes á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos ou máis.

Segundo os grupos o que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:

-Grupo A: 90 temas.

-Grupo B: 60 temas.

-Grupo C: 40 temas.

-Grupo D: 20 temas.

-Grupo E: 10 temas.

No temario deberán figura-los temas a que fai referencia o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.

Se os exames non foran corrixidos ó remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario/a para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será o seguinte: primeiro, o técnico/a do concello; segundo, o/a representante da Comunidade Autónoma; terceiro, o/a representante da Xunta de Persoal; cuarto, o representante da corporación; quinto, o secretario/a e sexto o presidente/a.

Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que lle corrixiran o exame, ou ós que lles presenciaran a lectura, se é o caso.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate polo que obtivese maior puntuación polo punto de coñecementos ou experiencia profesional; se seguira persistindo o empate, a/o de maior idade.

Naqueles exercicios en que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.

XI. Calendario preciso para a realización das probas.

Para o seu inicio haberá que aterse ó disposto na base IX.

Entre a celebración de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios) deberá transcorrer un mínimo de 72 horas e un máximo de 45 días.

XII. Queda de promoción interna.

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especialidades:

1. A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a un grupo superior dentro da mesma escala ou dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo. Tamén no cambio de escala dentro do mesmo grupo, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas.

2. Réxime de promoción interna:

a) Os/as aspirantes -o persoal municipal que non se atope en situación administrativa de suspensión firmedeberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso á praza ou cumpri-los requisitos que legalmente se autorice que a substitúan e contar cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de instancias.

b) As prazas que non se cubran por esta quenda acumularanse ás de quenda libre, sempre que os exercicios se celebren antes ou simultaneamente cos desta, e o persoal poderá presentarse a ámbalas dúas.

c) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, salvo que por imperativo legal se esixa outro.

d) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, salvo que legalmente se esixa outro:

1. Antigüidade. Por cada ano ou fracción superior a 6 meses, integrado no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación continua de administracións públicas (I e II AFCAP), dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal e cursos incluídos nos plans anuais de formación do concello, sempre que o certificado de asistencia o expida o concello.

Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo INEM ou a Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, directamente ou a través dos convenios de colaboración que teñen establecidos con organismos ou entidades para a formación dos traballadores nos oficios obxecto do posto ó que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Titulacións académicas:

a) Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto.

b) Por estar en posesión doutras titulacións superiores, excluída a que serviu para obte-la que se alega como mérito, sempre que teña relación directa coas funcións do posto e que sexa superior respecto da do apartado anterior: 1 punto.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

4. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso/validación de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso/validación de perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídico-administrativa: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,75 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

Ó/á aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos, efectuaráselle unha proba de coñecementos que se valorará cun máximo de 0,25 puntos. A proba realizarase despois da fase de concurso e antes de iniciarse o da oposición, se estivese prevista, para o que se convocarán os aspirantes que non acheguen certificación de contar con ningún curso de lingua galega a través do taboleiro de anuncios.

e) Fase de oposición.

Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.

Con carácter xeral o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e a promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar. Dispensaráselles ós/ás aspirantes nas bases específicas dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das súas funcións, ou en anteriores exames para ingreso na Administración ou anteriores promocións, o que se deberá facer constar expresamente nas convocatorias específicas.

Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento de idioma galego ou doutros idiomas, salvo que as bases específicas establezan o contrario.Os doutros idiomas previstos na base X, deberán facerse constar expresamente nas correspondentes bases específicas.

Os aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixir destino.

XIII. Achega de documentos.

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior -salvo a carta de pago dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en conta na fase de concursoos/as aspirantes propostos/as para ocupa-las prazas convocadas achegarán na secretaría xeral (Unidade de Persoal), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.

A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as dos puntos a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ámbolos dous lados; a do punto c) con copia do título oficial ou no seu defecto resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia na que se faga consta-la

súa equivalencia coa esixida para o acceso); a do punto d) deberá acreditarse a través da superación do correspondente recoñecemento médico que contará, con carácter xeral, coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto fïsico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo, e sen prexuízo das probas concretas que poidan esixirse nas bases específicas de cada convocatoria. Se non se esixise o anterior requisito, o aspirante deberá achegar certificado médico oficial para o efecto; ás dos puntos e) e f) con declaración xurada para o efecto.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, as/os aspirantes propostos non presentaran a documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de funcionario/a público/a está exento/a de presenta-la documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados no momento da súa toma de posesión, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.

XIV. Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase considera-la realización dun período de prácticas ou un curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados /as funcionarios/as en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

XV. Nomeamento.

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo se é o caso, os/as que o superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Os nomeamentos deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia.

XVI. Toma de posesión.

Os nomeamentos notificaránselles ós interesados/as para que tomen posesión no prazo dun mes. Quen non o faga sen causa xustificada será declarado en situación de cesante.

Previamente deberán prometer ou xura-lo cargo na forma establecida no artigo 1 do R.D. 707/1979, do 5 de abril, esixíndose ademais no caso dos funcionarios do corpo da policía local o compromiso de portar armas.

Na dilixencia de toma de posesión, farase consta-la manifestación do/a interesado/a de non vir desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou

suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.

Se a persoa interesada viñese percibindo algunha pensión, a súa percepción quedará en suspenso durante o tempo que dure o desenvolvemento do cargo. Se viñera desenvolvendo outro compatible co novo, terá que optar por un deles dentro do prazo de toma de posesión. Se se tratara de cargos susceptibles de compatibilidade, deberá instala nos dez primeiros días de prazo de toma de posesión, entendéndose este prorrogado en tanto recae resolución.

XVII. Incidencias.

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos tribunais, poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

B) Persoal laboral.

Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:

a) Modifícase a base I, que queda redactada así:

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se acorda ofertar no ano 2000 a través de convocatoria pública e que son as seguintes:

Oficial albanel: 2 postos.

Oficial mecánico: 1 posto.

Oficial carpinteiro: 1 posto.

Axudante de oficios: 3 postos.

b) Na base IV substitúese o punto b) por:

«b) Ter cumpridos 18 anos ou 16 sempre que o menor viva de forma independente, con consentemento dos seus pais ou titores, ou, con autorización de persoa ou institución que os teña ó seu cargo».

c) Modifícase a base VIII, que queda redactada así:

VIII. Tribunal cualificador:

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario: o secretario xeral da corporación ou técnico de administración xeral, designado/a polo alcalde, (con voz e sen voto).

-Vocais: tres representantes da corporación. Tres representantes do comité de empresa.

-Asesor: o xefe/a do servicio correspondente á especialidade ou técnico cualificado (con voz e sen voto).

Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a e o asesor, que só contarán con voz.

Todos eles, agás o presidente, deberán contar coa titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ós postos.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio, tamén contará coa asistencia técnica-administrativa dun funcionario da Unidade de Persoal.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para os tribunais de selección de persoal funcionarios.

d) As bases XIII, XV e XVI, substitúense pola seguinte:

XIII. Contratación.

Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente, notificaráselles ós/ás interesados/as para que subscriban os seus contratos laborais-fixos no prazo dun mes contados desde o día seguinte á notificación do acordo.

Quen non o subscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

Previamente deberán ter presentada na Oficina de Persoal toda a documentación esixida na base IV en relación coa XII, no prazo máximo de 20 días naturais contados a partir da publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.

No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio.

Outras disposicións comúns.

Tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios/as se efectúen a persoal funcionario entenderánse referidas a persoal laboral e as que se fagan a grupo de titulación a equiparado ó grupo de titulación.

Os candidatos que non tendo superado o proceso selectivo aprobasen tódalas probas da fase de oposición para ingreso nos correspondentes grupos, corpos, escalas, formarán parte dunha lista de substitucións para os efectos de poder ser nomeados ou contratados como persoal interino ou laboral, segundo o disposto na disposición transitoria do Decreto 116/93, do 3 de xuño, da Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

ANEXO

Salvo que nas bases específicas se indique outra cousa, existirá un grupo de temas comúns para tódalas probas derivadas da oferta, segundo o grupo de titulación -ou a súa equivalencia no caso do persoal laboral-, e que serán 18 temas para o grupo A, 12 temas para o grupo B, 8 temas para o grupo C, 4 temas para o grupo D, e 3 temas para o grupo E, tal como se enumeran a seguir:

Grupo A:

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. A coroa.

Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 5. Formas de actuación administrativa: fomento, policía e servicio público.

Tema 6. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 7. A Unión Europea: nacemento e fase da súa evolución. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.

Tema 8. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 9. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 10. A Xunta e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 11. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 13. Organización municipal.

Tema 14. Competencias municipais.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 16. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Tema 18. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.

Grupo B:

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 6. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 8. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 9. Organización e competencias municipais.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 11. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Grupo C:

Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Tema 2. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 3. Significado da Unión Europea. As súas institucións. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 6. Organización e competencias municipais.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo D:

Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.

Tema 4. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo E:

Tema 1. Breve referencia ó significado da Constitución e ó Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

O tema 3 para os grupos D e E, no caso de que se trate de probas para seleccionar persoal laboral, substituirase polo seguinte:

Tema 3. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o Estatuto. Faltas e sancións, procedemento sancionador do persoal laboral segundo o acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

Bases específicas

1. Técnico/a de administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, administración xeral; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e as complementarias propias dos posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión dos títulos de licenciado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.

V. Exercicios da oposición.

Constará dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 2 horas, un tema de carácter xeral, determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña ó epígrafe concreto del, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa forma de exposición se refire.

Neste exercicio valorarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achega persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de dúas horas catro temas extraídos ó chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.

Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos.

Concluída a lectura da totalidade dos temas, o tribunal poderá pedirlle ó aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de tres horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba, os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos.

Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presen

tación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base X das xerais.

Quinto exercicio. Voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base X das xerais.

A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

ANEXO

TEMARIO

(Non lle é de aplicación o temario común do grupo incluído como anexo as bases xerais)

Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.

Tema 1. Teoría do Estado. Xustificación e fins do Estado. Elementos do Estado. Formas do Estado.

Tema 2. Funcións do Estado: a división de poderes.

Tema 3. As formas de goberno.

Tema 4. A Constitución española de 1978: principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas na nosa Carta Magna, a súa protección xurisdiccional.

Tema 5. A Coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo. O Tribunal Constitucional: composición e competencias. O recurso de amparo.

Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 7. O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Principais competencias dos órganos xurisdiccionais.

Tema 8. O poder executivo e a sua regulación. Composición e funcións do Goberno da nación. A súa relación cos outros poderes.

Tema 9. A Administración do Estado central e periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 10. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 11. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xeais e análise do seu contido.

Tema 12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Tribunal de Contas de Galicia.

Tema 13. A Xuna de Galicia e o seu presidente.

Tema 14. A Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 15. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. O tratado da Unión Europea.

Tema 16. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes: o Consello de Ministros, a Comisión e o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 17. O ordenamento xurídico comunitario: as súas fontes. Relación co dereito interno dos Estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Restriccións.

Tema 18. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 19. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais no sistema español. Normas do Goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas de dereito interno.

Tema 20. As relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Distinción entre lexislación básica, plena e supletoria.

Tema 21. O regulamento: concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da postestade regulamentaria. Principio de inderrogabilidade singular de regulamentos.

Tema 22. Principios da organización administrativa. Principios rectores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación.

Tema 23. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: producción, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e actos presuntos.

Tema 24. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión do oficio.

Tema 25. Os recursos administrativos. Reclamacións previas á vía xudicial. A execución dos actos administrativos: motivos da súa suspensión.

Tema 26. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados.

Tema 27. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.

Tema 28. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento. As sentencias e a súa execución. Recursos contra as sentencias.

Tema 29. A contratación administrativa. Natureza xurídica. Diferencias coa contratación civil.

Tema 30. Clases de contratos administrativos.

Tema 31. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia. Clasificación e rexistro de empresas.

Tema 32. O expediente de contratación. Os pregos de condicións facultativas e de prescricións técnicas.

Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.

Tema 34. As garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.

Tema 35. Dereitos e deberes da administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Revisión de prezos. Interpretación e resolución contractual. A impugnación dos contratos públicos: xurisdicción competente.

Tema 36. Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa.

Tema 37. O fomento e os seus medios.

Tema 38. A policía administrativa. O poder de policía e os seus límites. Os medios: especial consideración da potestade sancionadora da Administración.

Tema 39. O servicio público. Evolución do concepto. Servicio público e prestacións administrativas. Análise xeral dos modos de xestión dos servicios públicos.

Tema 40. A xestión directa dos servicios públicos.

Tema 41. A xestión indirecta dos servicios públicos.

Tema 42. A expropiación forzosa: concepto e elementos. Procedemento xeral. Referencias ós procedementos especiais. Garantías xurisdiccionais.

Tema 43. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.

Tema 44. Uso e utilización do dominio público. Estudio especial da concesión e da reserva demanial.

Tema 45. A responsabilidade da Administración pública: principios e procedementos. A responsabilidade das autoridades e do persoal ó servicio das administracións públicas: vertentes, especial consideración da civil e penal.

Segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. Os entes locais de Galicia: natureza e características.

Tema 3. O municipio. Os réximes municipais especiais de Galicia.

Tema 4. O territorio do municipio: alteracións dos termos municipais.

Tema 5. A poboación. O Estatuto do veciño. O empadroamento.

Tema 6. A organización municipal. Distribución de atribucións entre os órganos municipais.

Tema 7. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.

Tema 8. Competencias municipais e servicios mínimos nas corporacións locais. Actividades complementarias doutras administracións públicas.

Tema 9. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e exercicio de accións.

Tema 10. A provincia no réxime local: especial consideración das súas competencias en relación cos pequenos municipios na Lei de Administración local de Galicia.

Tema 11. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 12. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.

Tema 13. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación.

Tema 14. O estatuto dos membros das corporacións locais.

Tema 15. O persoal ó servicio das entidades locais. A función pública local e a súa organización. Normas sobre ingreso.

Tema 16. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.

Tema 17. Réxime disciplinario dos funcionarios de Administración local. O seu procedemento.

Tema 18. A información e participación cidadá.

Tema 19. Os bens das entidades locais.

Tema 20. Medios de intervención das corporacións locais na actividade dos seus cidadás.

Tema 21. Os servicios públicos locais: especial consideración da reserva nos servicios locais.

Tema 22. Os contratos das administracións locais: especialidades repecto á normativa legal.

Tema 23. A Lei xeral tributaria: principios e contido.

Tema 24. A Lei xeral presupostaria: principios e contido.

Tema 25. As facendas locais. As ordenanzas fiscais.

Tema 26. A función recadadora nas facendas locais.

Tema 27. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos.

Tema 28. A imposición local autónoma.

Tema 29. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 30. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

Tema 31. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á Facenda Pública.

Tema 32. A función inspectora nas corporacións locais.

Tema 33. A lexislación de augas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 34. A lexislación de costas e portos: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 35. A lexislación de montes: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións. Especial consideración sobre a normativa de montes en man común.

Tema 36. A lexislación de obras públicas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 37. A lexislación de estradas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 38. Estatuto xurídico básico da propiedade do solo na Lei 6/1998, do 13 de abril. Dereitos e deberes dos propietarios.

Tema 39. Normas sobre valoracións, expropiacións e indemnizacións na Lei 6/1998, do 13 de abril.

Tema 40. O planeamento urbanístico e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 41. A xestión urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 42. A disciplina urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 43. A lexislación medioambiental: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 44. A lexislación en materia de educación: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

Tema 45. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

2. Administrativo/a de administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo C; escala, administración xeral; subescala, administrativa. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, e resérvase a praza para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral ou funcionarios/as do grupo C

con praza de técnico/a auxiliar de biblioteca ou programador de informática.

A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con 10 anos de antigüidade integrados/as no grupo D de titulación.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo a estas bases.

O número de preguntas non poderá ser inferior a 40, e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver dous casos prácticos de carácter xeral propostos polo tribunal, motivando a súa resolución en materias relacionadas co temario anexo, nun prazo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio. Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, segundo o previsto na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.

ANEXO

TEMARIO

(Exclúese o común para prazas do grupo C, que figura como anexo ás bases xerais)

Primeira parte: dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6. O goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte: dereito administrativo.

Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía

Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte: Administración local.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

3. Auxiliar de administración xeral.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo D; escala, administración xeral; subescala, auxiliar. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos/as aspirantes.

Consistirá nunha copia a máquina durante 10 minutos dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto. Se o/a aspirante utilizase máquina eléctrica -está prohibida a electrónicaa velocidade mínima será de 280 pulsacións por minuto.

Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito, de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicarse ós aspirantes no momento de comeza-la proba e incluírse na correspondente acta.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 40 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.

Terceiro exercicio. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo tribunal e que garde relación co contido do programa.

Avaliaranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, a corrección ortográfica e a claridade da exposición.

Cuarto exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na elaboración dun escrito nun ordenador persoal mediante o procesador de textos Microsoft Word e folla de cálculo baixo contorno windows no tempo que estableza o tribunal.

Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Sexto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade ó previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os catro primeiros se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

ANEXO

TEMARIO

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais)

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.

Tema 2. Os poderes do Estado: a división de poderes.

Tema 3. A Unión Europea. A acta única europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administracións autonómicas. Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordenación. Sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 8. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.

Tema 9. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 10. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadronamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.

Tema 11. Organización municipal. Competencias.

Tema 12. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 13. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 14. A función pública local e a súa organización.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.

Tema 16. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requi

sitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 18. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 19. Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos e a súa función.

Tema 20. Tratamento de textos: principais operacións nun tratamento de texto, finalidade, principais programas existentes. Bases de datos: concepto e finalidade.

4. Técnico medio de bibliotecas.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo B; escala, administración especial; subescala, técnica; clase media. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto-técnico, FP3 ou equivalente

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, a 4 temas elexidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó punto B) temas específicos correspondendo un tema á parte I e dous temas á parte II.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na redacción dos asentos bibliográficos de catro obras en calquera soporte.

O asento constará de:

a) Catalogación de acordo coas vixentes regras de catalogación (Madrid, Ministerio de Educación y Cultura, Centro de Publicaciones: Boletín Oficial del Estado, 1999).

b) Encabezamentos de materias que se redactarán de acordo coa Lista de Encabezamientos de Materia para las Bibliotecas Públicas (Madrid, Ministerio de Cultura).

c) Clasificación Decimal Universal. Edición 1995 (Normas UNE 50001).

d) Descrición bibliográfica en formato IBERMARC.

Proporcionaráselles ós aspirantes fotocopias dos impresos orixinais, que recollerán a información necesaria para a realización da catalogación. Os impresos orixinais poderán consultarse na mesa do tribunal.

Os opositores poderán utiliza-lo material de apoio que consideren conveniente (regras, repertorios, diccionarios, etc.)

O tempo para a realización deste exercicio será dun máximo de tres horas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego prevista na base X das xerais.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais. Os dous primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do terceiro e cuarto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

ANEXO B

TEMAS ESPECÍFICOS

Parte I.

Tema 1. Características da historiografía galega.

Tema 2. A prehistoria galega. A Galicia romana.

Tema 3. Historia de Galicia durante a Idade Media.

Tema 4. Historia de Galicia durante a Idade Moderna.

Tema 5. Historia contemporánea de Galicia.

Tema 6. A literatura galega medieval.

Tema 7. A literatura galega dos séculos escuros.

Tema 8. A literatura galega no século XIX.

Tema 9. A literatura galega no século XX.

Parte II.

Tema 1. Concepto e función da biblioteca. Clases de bibliotecas.

Tema 2. As bibliotecas nacionais. Concepto e funcións.

Tema 3. As bibliotecas públicas. Concepto e funcións.

Tema 4. As bibliotecas especializadas e centros de documentación.

Tema 5. Selección de fondos bibliotecarios: criterios. Expurgamento.

Tema 6. Selección de fondos bibliotecarios: fontes de información de referencia.

Tema 7. Adquisición de fondos bibliotecarios. Procedementos de incremento dos fondos bibliotecarios.

Tema 8. Ingreso de fondos bibliotecarios: rexistro e selaxe. Proceso de instalación, ordenación e control dos fondos bibliotecarios.

Tema 9. Conservación e restauración dos materiais bibliotecarios.

Tema 10. Tratamento técnico dos fondos bibliotecarios: a descrición bibliográfica e catalogación normalizadas.

Tema 11. Os catálogos: concepto, evolución e novas tendencias.

Tema 12. Os catálogos colectivos. O catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico español.

Tema 13. Linguaxes documentais e indización. Descritores, tesauros e encabezamentos de materias.

Tema 14. Clasificación documental. Principais sistemas utilizados.

Tema 15. Formatos de intercambio de información: formato MARC.

Tema 16. Servicios ós lectores: información bibliográfica, difusión da información.

Tema 17. Servicios ós lectores: formación de usuarios.

Tema 18. Estratexias e técnicas de recuperación de información.

Tema 19. Ó acceso dos lectores ó documento: consulta, préstamo e préstamo interbibliotecario.

Tema 20. Redes teleinformáticas: servicios, utilidades e aplicacións no campo da información.

Tema 21. A cooperación bibliotecaria en España. Sistemas e redes.

Tema 22. As hemerotecas. Organización e tratamento técnico.

Tema 23. Organización bibliotecaria española.

Tema 24. Organización bibliotecaria de Galicia.

Tema 25. Organismos internacionais no campo das bibliotecas e da documentación: IFLA, FID, ISO, UNESCO, ISDS.

Tema 26. Lexislación do Estado en materia bibliotecaria.

Tema 27. Lexislación da Comunidade Autónoma galega en materia bibliotecaria.

Tema 28. Definición e obxectivos da bibliografía. Tipos de bibliografías.

Tema 29. Evolución histórica da bibliografía.

Tema 30. Bibliografía de bibliografías. Bibliografías xerais.

Tema 31. Bibliografías nacionais.

Tema 32. Fontes bibliográficas para o estudio da cultura galega.

Tema 33. Estado actual da bibliografía no mundo. CBU, DUP.

Tema 34. A normalización da identificación bibliográfica. ISBD, ISBN, ISSN e outros identificadores.

Tema 35. Principais institucións da documentación e da información en España.

Tema 36. Normativa comunitaria no campo da información. Servicios e centros de información da Unión Europea.

Tema 37. Historia do libro en Galicia dende a invención da imprenta ata o século XVIII inclusive.

Tema 38. Historia do libro en Galicia nos séculos XIX e XX.

Tema 39. A industria editorial e o comercio do libro na actualidade. Situación en Galicia.

5. Técnico prevención riscos laborais.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente, debendo contar cando menos con dúas das catro especialidades ou disciplinas preventivas, debidamente homologadas, a que se refire o R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro (medicina de traballo, seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada).

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas catro temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo A de titulación e tres ó temario específico.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Os opositores nun período máximo de 3 horas, deberán desenvolver por escrito dous supostos, para o que o tribunal achegará un de cada especialidade, podendo elixi-los aspirantes os que se refiran ás súas especialidades.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais. Os dous primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do terceiro e cuarto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

Temario específico.

Tema 1. Sistemas de xestión de riscos laborais: características e necesidades dun sistema de xestión de riscos laborais.

Tema 2. Sistema de xestión de riscos laborais: organización e planificación.

Tema 3. Xustificación da prevención. Economía da seguridade.

Tema 4. Técnicas de seguridade. Técnicas analíticas e técnicas operativas.

Tema 5. Técnicas analíticas posteriores ó accidente. Investigación de accidentes.

Tema 6. Técnicas análiticas anteriores ó accidente. Inspeccións de seguridade.

Tema 7. Avaliación de riscos laborais. Definición e obxectivo. Tipos de avaliación e metodoloxía.

Tema 8. O accidente de traballo. Causalidade dos accidentes.

Tema 9. Análise estatística dos accidentes. Índices estatísticos. Sistemas de representación. Evolución da sinistrabilidade en España.

Tema 10. As normas de seguridade. Características e procedemento de elaboración.

Tema 11. Risco eléctrico. Factores que interveñen no risco eléctrico. Técnicas de seguridade contra contactos eléctricos. Riscos nos traballos de alta tensión e electricidade estática.

Tema 12. Sinalización nos centros de traballo.

Tema 13. Risco de incendios e explosións. Avaliación do risco de incendio. Prevención e protección contra incendios.

Tema 14. Plan de emerxencia. Elaboración e implantación.

Tema 15. Seguridade en máquinas: Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, polo que se dictan as disposicións de aplicación da directiva do Consello 89/392/CEE, relativa á aproximación das lexislacións dos estados membros sobre máquinas.

Tema 16. Equipos de traballo. Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Tema 17. Lugares de traballo.

Tema 18. Protección individual e colectiva.

Tema 19. Hixiene industrial. Concepto, funcións e terminoloxía.

Tema 20. Contaminantes químicos. Clasificación. Vías de entrada no organismo.

Tema 21. Toxicoloxía dos contaminantes químicos.

Tema 22. Criterios de valoración do risco hixiénico.

Tema 23. Mostraxe de contaminantes químicos.

Tema 24. Análise de contaminantes químicos.

Tema 25. Avaliación do risco hixiénico. Enquisa hixiénica.

Tema 26. Avaliación do risco hixiénico. Control do risco.

Tema 27. Axentes físicos ambientais. Ruído: equipos de medida e método de avaliación.

Tema 28. Axentes físicos ambientais. Ruído: protección dos traballadores contra os riscos derivados do ruído.

Tema 29. Axentes físicos ambientais. Vibracións.

Tema 30. Axentes físicos ambientais. Estrés térmico. Métodos de avaliación.

Tema 31. Axentes físicos ambientais. Iluminación.

Tema 32. Axentes físicos ambientais. Radiacións ionizantes.

Tema 33. Axentes físicos ambientais. Radiacións non ionizantes.

Tema 34. Exposición a contaminantes químicos. Métodos de avaliación.

Tema 35. Exposición a contaminantes químicos. Protección colectiva e individual.

Tema 36. Almacenamento de productos químicos.

Tema 37. Contaminantes biolóxicos.

Tema 38. Ergonomía. Conceptos fundamentais.

Tema 39. Ergonomía. Métodos de valoración.

Tema 40. Carga física: esforzos, posturas e movementos repetitivos.

Tema 41. Manipulación manual de cargas.

Tema 42. Ambiente térmico. Confort térmico.

Tema 43. Ruído. Solución ós problemas de ruído. Efectos molestos do ruído.

Tema 44. Calidade do aire nos espacios interiores.

Tema 45. A alimentación e o traballo. Necesidades enerxéticas no traballo.

Tema 46. A carga mental.

Tema 47. Ergonomía nas organizacións. O nivel de automatización.

Tema 48. Ergonomía nas organizacións. Participación.

Tema 49. Ergonomía nas organizacións. Comunicación.

Tema 50. Ergonomía nas organizacións. Formación.

Tema 51. O tempo de traballo. Horario flexible, traballo a tandas, semana reducida.

Tema 52. Iluminación no postos de traballo.

Tema 53. Pantallas de visualización de datos.

Tema 54. A saúde e os seus determinantes.

Tema 55. Aplicación da estatística e da informática á saúde pública.

Tema 56. Concepto e usos da epidemioloxía.

Tema 57. Teoría da causalidade en epidemioloxía.

Tema 58. Sistemas de información sanitaria.

Tema 59. Problemas sanitarios dos contaminantes físicos.

Tema 60. Saneamento, esterilización e desinfección.

Tema 61. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Lexislación vixente en España.

Tema 62. Enfermidades profesionais producidas por altas temperaturas.

Tema 63. Enfermidades profesionais producidas por baixas temperaturas.

Tema 64. Enfermidades producidas polas vibracións mecánicas.

Tema 65. Enfermidades producidas por radiacións ionizantes.

Tema 66. Enfermidades producidas polo ruído.

Tema 67. Enfermidades producidas polo po: silicose.

Tema 68. Enfermidades producidas polo po: antracose.

Tema 69. Enfermidades producidas polo po: siderose.

Tema 70. Enfermidades producidas por pneumoconiose orgánicas.

Tema 71. Enfermidades producidas por compostos orgánicos.

Tema 72. Enfermidades producidas por compostos inorgánicos.

Tema 73. Enfermidades producidas por microorganismos (bacterias): carbunco, tétanos, leptospirose, brucelose e tuberculose.

Tema 74. Enfermidades producidas por virus: a sida.

Tema 75. Enfermidades producidas por virus: hepatite viral.

Tema 76. Enfermidades producidas por virus: salmonelose.

Tema 77. Enfermidades producidas por virus: gripe.

Tema 78. O contexto normativo da Lei de prevención de riscos laborais: marco constitucional, convenios e recomendacións da OIT e directivas da Comunidade Europea.

Tema 79. Lexislación de ámbito nacional. Lei de prevención de riscos laborais: obxecto e carácter da norma, ámbito de aplicación. Desenvolvemento regulamentario.

Tema 80. Os novos conceptos e definicións legais sobre prevención de riscos, seguridade e saúde no traballo.

Tema 81. A política en materia de prevención de riscos laborais I: obxectivos. O papel e as funcións das administracións públicas e a participación das organizacións empresariais e sindicais.

Tema 82. A política en materia de prevención de riscos laborais II: Institucións e organismos competentes de carácter internacional: natureza, competencias, estructura e funcións.

Tema 83. Institucións e organismos competentes de carácter nacional: natureza, competencias, estructura e funcións.

Tema 84. Dereitos e obrigas dos empresarios en materia de seguridade e saúde.

Tema 85. Consulta e participación dos traballadores. Delegados de prevención: competencias, facultades, garantías e formación. Comité de Seguridade e Saúde: competencias e facultades.

Tema 86. Os servicios de prevención: concepto, tipos, funcións e lexislación aplicable.

Tema 87. Condicións de acreditación das entidades especializadas como servicios de prevención alleos.

Tema 88. Actuación preventiva das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Tema 89. Colaboración dos servicios de prevención co Sistema Nacional da Saúde.

Tema 90. Responsabilidades en materia preventiva. Concepto e contido: cualificación das infraccións e sancións. Procedemento para a imposición de sancións.

6. Técnico medio de servicios económicos.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo B; escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado en ciencias económicas ou empresariais ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de 3 horas, a 6 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases: dous pertencentes ó grupo A) e catro ó grupo B) do temario.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito, un suposto relativo a algunha das materias que integran o temario, nun prazo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais. Os dous primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obte

ña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do terceiro e cuarto exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

ANEXO

(Exclúese o temario común para prazas do grupo B, que figura como anexo ás bases xerais)

Grupo A:

Tema 1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais e contido.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 5. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e contido.

Tema 6. O acto administrativo. Concepto. Clases de actos administrativos. Elementos do acto administrativo.

Tema 7. O procedemento administrativo: principios e fases de que consta.

Tema 8. A eficacia dos actos administrativos. Executividade e suspensión. A execución dos actos administrativos. A teoría da invalidez dos actos administrativos.

Tema 9. Contratación administrativa. Natureza xurídica dos contratos públicos. Distinción dos civís. Clases de contratos públicos. Lexislación de contratos do Estado.

Tema 10. O recurso de reposición. O recurso de alzada: clases. O recurso de revisión.

Tema 11. As reclamacións económico-administrativas.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación municipal. Consideración especial do veciño. O empadroamento municipal.

Tema 13. Organización e competencias municipais.

Tema 14. Réxime de sesións e acordos dos órganos colegiados locais.

Tema 15. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 16. A función pública local e a súa organización.

Tema 17. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións, o procedemento administrativo sancionador.

Tema 18. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 19. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 20. As empresas municipais. Os consorcios.

Tema 21. Os contratos administrativos na esfera local.

Grupo B:

Tema 1. O dereito financeiro. Concepto e contido. A Facenda Pública na Constitución Española.

Tema 2. O dereito orzamentario. A Lei xeral presupostaria.

Tema 3. A contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade. Principios, estructura e implantación.

Tema 4. O dereito tributario. Concepto e ámbito. Fontes. A Lei xeral tributaria: principios.

Tema 5. Os tributos: concepto, clases e elementos esenciais.

Tema 6. O imposto sobre o valor engadido.

Tema 7. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. O imposto sobre sucesións e doazóns.

Tema 8. O financiamento das facendas locais. Esquema xeral.

Tema 9. A Lei reguladora das facendas locais: antecedentes xerais.

Tema 10. Contido da Lei reguladora das facendas locais.

Tema 11. O sistema tributario local. Normas xerais.

Tema 12. Taxas e contribucións especiais: aspectos xerais.

Tema 13. Impostos e prezos públicos: aspectos xerais.

Tema 14. Principais innovacións que introduce a Lei reguladora das facendas locais respecto á xestión catastral. O novo imposto sobre bens inmobles.

Tema 15. O imposto sobre actividades económicas.

Tema 16. Impostos potestativos: o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Imposto sobre construccións, obras e instalacións.

Tema 17. Os orzamentos das entidades locais: contido e aprobación.

Tema 18. Réxime xurídico do crédito local.

Tema 19. Os créditos e as súas modificacións.

Tema 20. Execución e liquidación dos orzamentos.

Tema 21. A tesourería e a contabilidade das entidades locais.

Tema 22. Medios de pagamento: especial referencia á transferencia, cheque e obriga de pagamento.

Tema 23. Control e fiscalización da xestión das entidades locais.

Tema 24. Aspectos técnicos da contabilidade administrativa. Especial referencia ós termos: intervido, toma de razón, contraído, devolucións, minoracións, reintegros, remanente de crédito e formalización.

Tema 25. Libros de rexistro de operacións e de expedición de documentos. Libro de contabilidade principal e auxiliar.

Tema 26. Previsións orzamentarias: o seu carácter. Recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións.

Tema 27. Recadación de ingresos e pagamento de gastos. Análise fiscal de expedientes de ingresos e gastos.

Tema 28. A contabilidade extra-orzamentaria: concepto e fins.

Tema 29. O peche do exercicio nas corporacións locais.

Tema 30. Contas administrativas a render nas corporacións locais: concepto, contido e tramitación.

Tema 31. A actividade económica. Sistemas económicos. Tipos de organización da actividade económica. Funcións dun sistema económico.

Tema 32. Fallos do mercado e intervención pública. Externalidades. Competencia imperfecta. Información incompleta e asimétrica.

Tema 33. O mercado: concepto e clases. Mercado de libre concorrencia e monopolístico: formación dos prezos en cada un deles.

Tema 34. O sistema financeiro. O Banco Central. Os bancos comerciais. Outros intermediarios financeiros.

Tema 35. A balanza de pagos: concepto e estructura. Tipo de cambio. O equilibrio da balanza de pagos.

Tema 36. Teorías da demanda e oferta. Concepto de utilidade, curvas de indiferencia. O equilibrio do consumidor.

Tema 37. Teoría da producción. Funcións da producción. Productividade. Equilibrio da producción.

Tema 38. A planificación estratéxica: concepto e características esenciais: as súas técnicas. Aplicación ós gobernos locais.

Tema 39. Incidencia económica da adhesión de España á Comunidade Económica Europea.

7. Operadores de informática.

I. Número de prazas: 2.

II. Características.

Enmarcada no grupo D; escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, e resérvanse a totalidade das prazas para promoción interna entre funcionarios/as do grupo D con praza de auxiliar de administración xeral ou que pertenzan a escala de administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais, que cumpran os requisitos na base XII das xerais de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en contestar a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a esta bases, incluído o xeral para prazas do grupo D das bases xerais, no prazo que estableza o tribunal.

Cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais. Os dous primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do terceiro exercicio farase de acordo co previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos.

Temario específico.

Tema 1. Conceptos básicos de tráfico: intensidade de tráfico, concepto, ciclos da intensidade de tráfico: anual, semanal e diario. Horas punta. Intensidade, velocidade e densidade. Capacidade: factores, características da vía, factores que se refiren ó tráfico. Nivel de servicio: concepto, niveles A, B, C, D, E e F e as súas características.

Tema 2. Sinalización: concepto, tipos de sinais, obediencia dos sinais e orde de prioridade dos sinais. Marcas viais: obxecto, cores, grupos, clases. Flechas: tipos e significado. Inscricións: función e a súa disposición.

Tema 3. Sinais verticais: obxecto, clasificación. Sinais de advertencia de perigo, de regulamentación, de indicación. Pictogramas.

Tema 4. Semáforos: tipos. Semáforos de vehículos e significado das súas luces. Semáforos para peóns e significado das súas luces. Luces con flecha. Semáforos de carril e significado das súas luces. Semáforos reservados a determinados vehículos: ciclos e ciclomotores e tranvías.

Tema 5. Elementos que compoñen un semáforo clásico: corpo, lentes, reflector, portalámpadas, lampadas. Dimensións e aplicación das luces semafóricas. Elementos de sustentación semafórico: columnas e báculos, descrición, tipos e aplicación. Pantallas de contraste. Espiras detectoras. Constitución e funcionamento. Apliación. Localización. Detectores de tráfico: tipos e as súas avantaxes e inconvenientes. Regulador semafórico: funcións, constitución deste. Central de zona semafórica: funcións, constitución da súa. Cableados semafóricos. Alimentación e tomas de terra.

Tema 6. Conceptos básicos da regulación semafórica: colores, posición, estructura, reparto ciclo, desfase, programa. Grupos de ciclo idéntico: tempos perdidos, relación entre o ciclo e os tempos perdidos, relación entre o ciclo e a capacidade das vías, cambios de ciclo. Cambios de estructura: problemas prácticos que presenta. Diagramas: de fases, de movementos de circulación. Interseccións: críticas e saturadas.

Tema 7. Efectos que producen os semáforos no tráfico. Tipos de regulación semafórica: a tempos fixos, a tempos variables, totalmente actuada, semiactuada, combinada ou mixta. Comparación entre regulacións: avantaxas e inconvenientes.

Tema 8. Coordinación semafórica: concepto. Diagramas espacio-tempo. Procedementos para obter unha banda de coordinación: vías de sentido único de circulación e vías de dobre sentido de circulación. Métodos para mellora-la coordinación semafórica. A coordinación en vías urbanas de tráfico denso.

Tema 9. Simboloxía empregada comunmente para a representación dos elementos semafóricos. Instalación dun paso de peóns clásico. Disposición dos semáforos respecto á vía (Valdés). Movementos de circulación e diagrama de fases. Instalación dunha intersección en T. Disposición dos semáforos respecto á vía. Movementos de circulación e diagramas de fases. Instalación dunha intersección en cruz. Disposición dos semáforos respecto á vía. Movementos de circulación e diagramas de fases

Tema 10. Operativa de cálculo do reparto e ciclo nunha intersección semafórica: obtención dos tempos de verde de cada acceso, ámbar e despexe. Aplicación a un paso de peóns clásico. Aplicación a unha intersección en T e a unha en cruz.

Tema 11. Aforos de tráfico: concepto e obxecto, métodos. Tipos de aforo automáticos e manuais. Avantaxas e inconvenientes. Aforos direccionais e non direccionais. Factores que afectan ós datos proporcionados polos aforadores automáticos e precaucións na instalación. Os aforos proporcionados polos detectores dun sistema centralizado. Tempo de ocupación. Carga.

Tema 12. Estructura física dun sistema centralizado: reguladores, centrais de zona, rede central de ordenadores, periféricos, panel sinóptico de tráfico, información que proporciona ó operador. Estados e incidencias: en reguladores, centrais de tráfico, en detectores de tráfico e medicións destes. Estructura funcional dun sistema centralizado: estructura xerárquica funcional, modos de funcionamento degradado. Principais estados de control nun sistema centralizado: control por selección horaria, por tráfico de programas e por xeración dinámica de programas.

Tema 13. Operacións máis comúns do operador de sala de control de tráfico: forzaduras ós programas en funcionamento; forzaduras de ciclos: limitacións e consecuencias; forzaduras de repartos: limitacións e consecuencias; forzaduras de desfases: consecuencias; forzadura dun plan de tráfico. Supervisión do sistema de detección de tráfico. Obtención do estado físico dos detectores. Obtención dos detectores avariados. Obtención de históricos do sistema. Obtención de aforos automáticos proporcionados polo sistema.

Tema 14. Sistemas operativos: concepto e tipos principais, ficheiros, directorios, rutas de direccionamento a ficheiros. Comandos básicos do sistema operativo VMS: copia de ficheiros, edición de ficheiros, borrado de ficheiros, creacción de directorios, borrado de directorios, localización de directorios. Unidades de almacenamento: discos duros, unidades de cinta, unidades CD-ROM e unidades de disco flexible. Copias de seguridade. Realización de copias de seguridade nun sistema VMS. Restauración de copias de seguridade nun sistema VMS.

Tema 15. Idea xeral sobre os obxectivos da ordenación da circulación. Medidas principais para a ordenación do tráfico: supresión de xiros, establecemento de circulación en sentido único, rúas con tráfico asimétrico, control automático do tráfico. Avantaxes ós transportes colectivos. Limitación do estacionamento. Regulamento da carga e descarga.

Tema 16. Sistemas auxiliares ó control semafórico: circuíto pechado de televisión, sistemas de detección automática de incidentes, visión artificial, sistemas informativos de aparcamentos, sistemas de control de velocidade, sistemas de control de gálibo.

8. Garda da policía local.

I. Número de prazas: 30.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D; escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local; categoría, garda. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, establécense as seguintes:

a) Contar coa condición de cidadán español, debido a que as funcións destas prazas comportan exercicio de autoridade.

b) Ter cumpridos 18 anos e non sobrepasa-los 30 anos de idade.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

d) Ser titular do permiso de conducir clase A (anteriormente A2) e clase B, con autorización BTP (antes B2).

e) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres.

f) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada por escrito.

g) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación xunto coa instancia dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vaia desenvolver, contidas no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Levaranse a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física.

Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Previamente ó seu inicio, o tribunal deberá proceder a comprobar que os aspirantes cumpren o requisto do punto e), do punto IV condicións dos aspirantes,

destas bases específicas, declarando eliminados os que non a cumpran.

Consistirá na realización da seguintes probas físicas:

1ª Proba: salto vertical.

Obxectivo. Medi-la potencia do tren inferior (músculos extensores).

Material. Lousa milimetrada.

Posición inicial. Erguido lateralmente e ó carón da lousa. Pes xuntos e co ombro pegado á parede. Desde esta posición elevación do brazo máis achegado á parede ata a súa máxima extensión vertical. Non se poderá realizar ningún movemento a nivel de cadeira. O artello do pulso deberá estar en prolongación co eixo do brazo. Nesta posición realízase a primeira marca na lousa.

Execución. O aspirante saltará tan alto como poida e marcará cos dedos o nivel conseguido.

Regras. O candidato pode move-los brazos, flexiona-lo tronco e os xeonllos. Non se permite o salto se o aspirante non adoptou a posición inicial correcta. Mídese a distancia entre a marca feita na posición inicial e a conseguida no salto. Permítense dous intentos, apuntándose a mellor marca das dúas.

2ª Proba: flexións de brazos.

Obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-humeral.

Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara adiante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo chan.

Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo sobrepase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repetilo exercicio tantas veces como se poida.

Regras. A flexión non é un movemento de lategazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá de se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe supera-la mesma. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

3ª Proba. Circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade). Na intervención policial atopámonos con múltiples situacións nas que a boa preparación a este nivel poden supoñe-lo éxito da acción e incluso unha garantía da nosa integridade física.

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, unha delas prolongada verticalmente por dous paos arrimados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución.-Ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª proba. 100 m lisos.

Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento do corpo. Situacións nas que debemos desenvolve-la máxima velocidade nun espacio de tempo curto (13 seg. aproximadamente) son quizais das máis numerosas, e este tipo de capacidade debe medirse nunha situación o máis real posible, dende a posición de partida ata a distancia que se vai percorrer e o tempo empregado.

Material. Pista de tartán e cronómetro.

Posición inicial. En pé cos brazos estendidos ó longo do corpo, pés separados e paralelos aproximadamente ó largo das cadeiras, coas pernas estendidas e o tronco erguido.

Regras. O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando o peito do aspirante chegue á liña final. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

5ª proba. Carreira de 1.000 m.

Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica. Nas situacións nas que a policía necesita un rendemento máximo ou submáximo durante un tempo, este non sobrepasa dos 3 ou 4 minutos de duración (por exemplo unha persecución). Estas son as accións máis correntes en fronte das que teñen un carácter máis aeróbico cunha duración media (3 minutos máis representativos dos bombeiros), que son máis improbables.

Material. Pista de atletismo.

Descripción. Os aspirantes, en grupos de 10, situaranse detrás da liña de saída, efectuarán esta ó sinal e posta en marcha do cronómetro. A proba finalizará no momento no que complete a distancia indicada.

6ª proba. 50 m natación.

Obxectivos. Control do medio acuático. Atopámonos nun concello bañado polo mar ó longo de 33 km de costa, o que nos sitúa nun continuo contacto directo ou indirecto co medio acuático, polo que o control deste se fai necesario non só para salvagarda-la seguridade dos demais, senón tamén a nosa.

Material. Piscina de 25 m.

Descrición. O aspirante nadará co estilo que queira a distancia de 50 m. A saída será desde o bordo da piscina ou poial dela, en posición de salto e o final da proba será cando o aspirante toque a parede tras percorre-los 50 m.

Regras. Tras cada longo debe tocarse a parede da piscina. A indumentaria estará composta unicamente por bañador, lentes e gorro. Non se poderá interferir nas vías dos demais aspirantes, pois significaría a descualificación. O interferido poderá repeti-la proba tras un descanso e anotaráselle o mellor tempo realizado.

Táboas de puntuación.

Homes.

Salto vertical: 60 cm.

Flexións de brazos: repetición 14.

Cicuíto axilidade: tempo 9"9.

Carreira 100 m lisos: tempo 13"

Carreira 1.000 m: tempo 3"14.

Natación 50 m libres: tempo 43".

Mulleres.

Salto vertical: 46 cm.

Flexións de brazos: repetición 3.

Circuíto axilidad: tempo 10"6.

Carreira 100 m lisos: tempo 14"50.

Carreira 1.000 m: tempo 3"56.

Natación 50 m libres: tempo 49".

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos os tempos sinalados nos cadros anteriores.

Terceiro exercicio: exercicio teórico para a avaliación de coñecementos xerais e específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito no prazo máximo de dúas horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo I a estas bases, dous da parte xeral e dous da parte específica.

Cuarto exercicio: recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Quinto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego, das institucións e do dereito básico de Galicia. Cualificarase cun máximo de 2 puntos de conformidade co previsto na base X das xerais.

Séxto exercicio: de carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo de puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, na súa aplicacións ás funcións propias da policía local, que se realizará nas condicións e forma prevista na base X das xerais.

VI. Valoración dos exercicios.

O primeiro, segundo e cuarto exercicio valoraranse como apto ou non apto.

O terceiro exercicio valorarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non acade como mínimo 5 puntos.

O quinto e sexto exercicio valoraranse cun máximo de 2 puntos cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios terceiro, quinto e sexto servirá para elabora-la relación de aprobados/as por orde de puntuación que serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

VII. Curso selectivo de formación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no Decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Ademais os/as aspirantes que superen o curso deberán realizar un período de prácticas no concello que será valorado pola Alcaldía tralo informe do xefe do corpo, debendo obte-la cualificación de apto para superalo.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación, será declarado/a non apto e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórico-práctica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.

ANEXO I

TEMARIO ESPECÍFICO

(Exclúense os temas para prazas do grupo D, que figuran como anexo ás bases xerais)

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes dos españois.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais. A Xunta de Galicia.

Tema 3. O territorio, a poboación e a organización municipal. Competencias municipais.

Tema 4. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución.

Tema 5. Delictos contra a liberdade. Os dereitos do detido.

Tema 6. Delictos contra a Administración pública.

Tema 7. Delictos de lesións. Delictos contra a liberdade sexual. Delictos contra o patrimonio e orde socio-económica.

Tema 8. Atentados contra a autoridade, os seus axentes e funcionarios públicos. Resistencia e desobediencia. Desordes públicas.

Tema 9. As faltas penais: faltas contra as persoas, faltas contra o patrimonio, faltas contra os intereses xerais e faltas contra a orde pública.

Tema 10. Formalidades da denuncia e os seus efectos. A identificación das persoas. O atestado policial.

Parte específica.

Tema 11. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V das policías locais.

Tema 12. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Tema 13. A Lei de seguridade vial: competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación. Inmobilización e retirada de vehículos: supostos, especial referencia ás denominadas zona ORA. Normas de circulación de viaria. Regulamento xeral de vehículos. Regulamento xeral de conductores.

Tema 14. Infraccións, sancións e medidas cautelares na Lei de seguridade vial. Principios do procedemento sancionador segundo a Lei 30/1992 e regulación do procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación e seguridade vial.

Tema 15. Delictos contra a seguridade do tráfico. A alcoholemia: concepto, taxas, modo de intervir. Delictos contra a saúde pública.

Tema 16. Sinais. Formatos. Tipos. Significado e prioridade.

Tema 17. Permisos e licencias de conducir e documentación de vehículos.

Tema 18. Ordenanzas municipais e bandos da Alcaldía en materia de limpeza e ornato, venda ambulante, establecementos públicos, contedores, valas e estadas, mercados e outros da vía pública.

Tema 19. Dereitos e deberes dos funcionarios do Corpo da Policía local. Procedemento disciplinario.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Principiais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade. Centros oficiais.

ANEXO II

EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións policiais.

Nestes casos, o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertcios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertcios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local se contemplan no artigo 53 da Lei orgá

nica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e á desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadureza ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valoraranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes no perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da

personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

9. Bombeiro.

I. Número de prazas: 5.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D, escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, extinción de incendios; categoría, bombeiro. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e ás complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial co obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

IV. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vaian desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Eliminatorio composto de tres probas:

1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés e sen impulso.

Descanso de 30 segundos.

2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 12 flexións consecutivas, brazos totalmente estendidos en posición prono e debendo supera-lo queixo a barra, non permitíndose balanceo na realización das flexións.

Descanso de 45 segundos.

3ª Executar 30 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 30 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan a seguir xunto coas marcas e puntuacións:

1ª proba. 100 m lisos.

Obxectivo: medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.

Terreo: superficie plana que non escorregue.

Material necesario: cronómetro.

Descrición: posición inicial: ó oí-lo sinal de preparados o executante colocarase detrás da liña de saída.

Desenvolvemento: o oí-la voz de xa, debe saír en sprint (máxima velocidade) ata chegar á liña de meta, nese intre pararase o cronómetro.

Instruccións para o controlador: realizaranse dous intentos de saída, no caso de facer dous nulos o aspirante quedará eliminado. Pó-lo cronómetro en marcha no momento no que se dá o sinal da partida e paralo cando pise a liña de meta.

Valoración da proba: realizarase o rexistro en segundos e décimas de segundo, quedando eliminado o aspirante que non acade a puntuación mínima, 12"85.

2ª proba. Carreira 200 m con carga 30 kg.

Obxectivo: medi-la resistencia anaeróbica.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de preparados, o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.

Desenvolvemento: á voz de xa, tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sor

teará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no punto b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 45".

3ª proba. Circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación: medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade). Nos servicios a realizar atopámonos con múltiples situacións nas que a boa preparación a este nivel poden supoñe-lo éxito da intervención e incluso unha garantía da nosa integridade física.

Material: dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos arrimados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución: ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras: o cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª proba: Carreira 1.000 m.

Obxectivo: medi-la resistencia aeróbica de media duración.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: á voz de preparados, os aspirantes situaranse de pé detrás da liña de saída; á voz de xa indicará o inicio da proba que finalizará no momento no que se completen os 1.000 metros establecidos.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no punto b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 3'14".

5ª proba. Natación 100 m.

Descrición: o aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de xa comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

Valoración: rexerán as puntuacións que figuran no punto b), quedando eliminado o aspirante que non chegue á marca mínima, 1'45".

Marcas e puntuacións

MarcasPuntuación

11"8020

11"9018

12"0016

100 m lisos12"1514

12"3512

12"6010

12"858

33"20

35"18

37"16

Carreira 200 m con carga 30 kg39"14

41"12

43"10

45"8

MarcasPuntuación

8"820

8"8518

8"9516

Axilidade9"1014

9"3012

9"5510

9"858

2'50"20

2'52"18

2'55"16

Carreira 1.000 m2'59"14

3'04"12

3'09"10

3'14"8

1'15"20

1'17"18

1'20"16

Natación 100 m1'24"14

1'28"12

1'36"10

1'45"8

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Nas probas deste punto b) os aspirantes quedan obrigados a chegar en calqueira das probas a un mínimo de 8 puntos, senón quedará eliminado. Asímesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Terceiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.

Cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Cuarto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Sexto exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo da puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán- e, das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e formas previstas na base X das xerais.

O primeiro e cuarto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

O segundo exercicio cualificaranse: as probas do punto a) como apto ou non apto e nas do punto b), puntuarase de 0 a 20 puntos, quedando os aspirantes obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 8 puntos, senón quedará eliminado. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

O terceiro exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.

A cualificación do quinto e sexto exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición segundo, terceiro, quinto e sexto, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

VI. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez aportada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan a dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

e) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.

Secretario: un técnico de administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto, o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

ANEXO I

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais)

Tema 1. A constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 5. Teoría do lume. Tetraedro do lume.

Tema 6. Clasificación dos incendios, atendendo á natureza do combustible.

Tema 7. A auga como axente extintor. A auga pulverizada. Diferentes tipos de escumas, as súas clases e forma de emprego en cada un dos tipos de incendios.

Tema 8. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos tipos de incendios.

Tema 9. Incendios forestais. Tipoloxía, formas de combatilos.

Tema 10. Prácticas e manobras nos parques, como preparación fundamental do bombeiro.

Tema 11. Actuación dos bombeiros en casos de salvamentos en altura e acuáticos, rescates, anegamentos e accidentes de circulación.

Tema 12. Gases tóxicos. Detección. Equipos de respiración. Gases e líquidos combustibles e inflamables.

Tema 13. O butano, as súas características. Actuación en caso de fuga e en caso de incendio.

Tema 14. Gases explosivos. A súa detección.

Tema 15. Comportamento ante o lume dos diferentes tipos de estructuras.

Tema 16. A electricidade. Problemática en casos de incendio.

Tema 17. Norma básica. NBE/CPI-96. Xeneralidades.

Tema 18. Resistencia ó lume. Reacción ó lume.

Tema 19. O socorrismo. Principios xerais. Actuación en caso de accidentes con síntomas de fracturas, shock, queimaduras e intoxicación.

Tema 20. Actuación conxunta de bombeiros con policía local, Cruz Vermella, Protección Civil e demais organismos oficiais que coincidan como consecuencia dun gran incendio.

ANEXO II

EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de bombeiro.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertcios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertcios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra

patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de bombeiro.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou sen egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais

cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadureza ante a forma de enfrentamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, valorarase positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes para configura-lo perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese a capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

9. Conductor-bombeiro.

I. Número de prazas: 3.

II. Características.

Integradas no grupo D de titulación. Escala, administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, de confomidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente e en posesión do carné de conducir da clase C + E con BTP (antes clase C2) na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial co obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vai desenvolver.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nun exame práctico composto de diversas probas de habilidade na conducción dun vehículo do servicio polo circuíto proposto polo tribunal.

Terceiro exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

Eliminatorio composto de tres probas:

1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de cinco metros sen axuda dos pés.

Descanso de 30 segundos.

2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 5 flexións consecutivas, brazos totalmente estendidos e debendo supera-lo queixo a barra.

Descanso de 30 segundos.

3ª Executar 20 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 40 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.

É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.

b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan a seguir xunto coas marcas e puntuacións:

1ª proba. 100 m lisos.

Obxectivo: medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.

Terreo: superficie plana que non escorregue.

Material necesario: cronómetro.

Descrición: posición inicial: ó oí-lo sinal de preparados, o executante colocarase detrás da liña de saída.

Desenvolvemento: o oí-la voz de xa, debe saír en sprint (máxima velocidade) ata chegar á liña de meta, nese instante pararase o cronómetro.

Instruccións para o controlador: realizaranse dous intentos de saída, no caso de facer dous nulos o aspirante quedará eliminado. Pó-lo cronómetro en marcha no momento no que se dá o sinal da partida e paralo cando pise a liña de meta.

Valoración da proba: realizarase o rexistro en segundos e décimas de segundo.

2ª proba. Carreira 200 m con carga 30 kg.

Obxectivo: medi-la resistencia anaeróbica.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: posición inicial: á voz de preparados, o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.

Desenvolvemento: á voz de xa, tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.

Normas: o saco deberá transportarse durante a totalidade da proba.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

3ª proba. Circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación: medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade). Nos servicios que se van realizar atopámonos con múltiples situacións nas que a boa preparación a este nivel poden supoñe-lo éxito da intervención e incluso unha garantía da nosa integridade física.

Material: dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos arrimados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución: ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.

Regras: o cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo. Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª proba. Carreira 1.000 m:

Obxectivo: medi-la resistencia aeróbica de media duración.

Terreo: pista de atletismo.

Descrición: á voz de preparados, os aspirantes situaranse de pé detrás da liña de saída; voz de xa, indicará o inicio da proba que finalizará no momento no que se completen os 1.000 metros establecidos.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

5ª proba natación 100 m.

Descrición: o aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de

xa comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.

Normas: durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.

Valoración da proba: rexerán as puntuacións que figuran no cadro de marcas e puntuacións.

Marcas e puntuacións

MarcasPuntuación

12"0010

12"159

100 metros lisos12"308

12"457

12"656

12"905

13"204

13"403

13"752

14"251

36"10

38"9

40"8

Carreira 200 m con carga 30 kg42"7

44"6

46"5

49"4

52"3

55"2

59"1

9"6010

9"809

9"908

Axilidade10"7

10"106

10"205

10"304

10"403

10"502

10"601

3'10

3'04"9

3'08"8

Carreira 1.000 m3'12"7

3'16"6

3'20"5

3'25"4

3'30"3

3'35"2

3'40"1

MarcasPuntuación

1'22"10

1'27"9

1'32"8

Natación 100 m1'37"7

1'42"6

1'47"5

1'52"4

1'57"3

2'03"2

2'10"1

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Nas probas deste punto b), quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

Cuarto exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.

Cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Quinto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Sexto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.

Séptimo exercicio. De carácter voluntario, aínda que servirá para efectos de cómputo da puntuación final para determina-los aspirantes aprobados.

Consistirá nunha proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea -excluído o castelán das comunidades autónomas con lingua vernácula -excluído o galego-, que se realizará nas condicións e formas previstas na base X das xerais.

O primeiro e quinto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.

O segundo e cuarto exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.

No terceiro exercicio cualificaranse as probas do punto a) como apto ou non apto e nas do punto b), quedará eliminado o aspirante que non acade un

mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.

A cualificación do sexto e sétimo exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos en cada un deles.

A relación de aprobados por orde de puntuación, farase de conformidade coa base X das xerais.

VI. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez achegada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.

e) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.

Secretario: un técnico de administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

ANEXO I

(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais)

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 5. Teoría do lume. Tetraedro do lume.

Tema 6. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos incendios.

Tema 7. Incendios forestais. Tipoloxía, formas de combatelos.

Tema 8. Prácticas e manobras nos parques, como preparación fundamental do bombeiro e do conductor-bombeiro.

Tema 9. Gases tóxicos. Equipos de respiración. Detección. Gases e líquidos combustibles e inflamables.

Tema 10. O butano, as súas características. Actuación en caso de fuga e en caso de incendio.

Tema 11. A electricidade. Problemática en casos de incendio.

Tema 12. Vehículo de primeira saída. Dotación e equipo.

Tema 13. Motor de gasolina. Descrición dos seus elementos e funcionamento.

Tema 14. Motor diésel. Principios fundamentais e funcionamento.

Tema 15. Circuíto de alimentación e de inxección en motores diésel. Equipo eléctrico dos vehículos con motor diésel e gasolina. Arranque. Alumeado.

Tema 16. Engraxamento. Misións do engraxamento e sistemas.

Tema 17. Cambio de velocidades. Descrición e funcionamento.

Tema 18. Freos. Elementos de que se compoñen. Clases. Funcionamento. Embrague. O seu obxecto. Elementos de que se compón. Funcionamento.

Tema 19. Turbocompresores. Sobrealimentación. Refrixeración. O seu obxecto. Fundamento e descrición dos seus elementos.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. O núcleo urbano. Principais vías urbanas e de circunvalación. Monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.

ANEXO II

EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de conductor-bombeiro.

Nestes casos, o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertcios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertcios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo sobrepasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de conductor-bombeiro.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico

Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto do perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preo

cuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadureza ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

Así mesmo, valoraranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes para configura-lo perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Nivel intelectual: refírese á capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.

2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.

11. Oficial albanel.

I. Número de postos: 2.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluido no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivadas da oferta de empego público correspondente ó ano 2000.

Resérvase un posto para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da Corporación equiparado ós grupos D e E, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Para o persoal que acceda pola tanda de promoción interna, os requisitos sinalados no punto que antecede xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tri

bunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

TEMARIO ESPECÍFICO

(Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D)

Tema 5. Albanelería: oficio, ferramentas, útiles e medios auxiliares.

Tema 6. Cementos: características e clases. Argamasas, xesos e cales. Clasificación e aplicacións.

Tema 7. Fábrica de ladrillo: particións, muros resistentes, clases, condicións dos muros, execución e control de execución.

Tema 8. Fábrica de bloques: clases, execución e control de execución.

Tema 9. Argamasas. Compoñentes, condicións dos materiais, características das argamasas, amasada e tempos de utilización.

Tema 10. Revestimento de paramentos: chapados e revestimento de azulexos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Revocaduras, especificacións de materiais, execución e control de execución.

Tema 11. Revestimento de paramentos: gornecidos e enlucidos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Revocaduras, especificación dos materiais, execución e control de execución.

Tema 12. Soleiras: tipos, materiais, execución e control de execución.

Tema 13. Pavimentos continuos e pavimentos flexibles. Materiais, execución e control de execución. Pavimentos de pezas ríxidas: forma e tipo de material, sistemas de colocación, execución e control de execución.

Tema 14. Entibacións, apeos e estadaxes. Tipos e características xerais.

Tema 15. Movementos de terras. Muros de contención e operacións de recheo.

Tema 16. Encofrados. Xeneralidades. Clasificación. Materiais utilizados.

Tema 17. Idea xeral de traballos doutras profesións en relación coa albanelería: fontanería, carpintería e pintura.

Tema 18. Traballos de demolición. Idea xeral de demolicións de tabiques, muros e construccións pequenas en xeral.

Tema 19. Formigóns. Compoñentes. Curado. Fraguado.

Tema 20. Seguridade e hixiene: riscos, proteccións personais e colectivas nas obras de albanelería.

12. Oficial mecánico.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de empego público correspondente ó ano 2000.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

TEMARIO ESPECÍFICO

(Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D)

Tema 5. A inspección técnica de vehículos. Operacións en que consiste e preparación dun vehículo para a dita inspección.

Tema 6. Distribución de válvulas. Árbore de levas.

Tema 7. Diferentes sistemas de engraxamento e posibles avarías neles.

Tema 8. Revisión dun circuíto de refrixeración. Elementos que hai que considerar.

Tema 9. A carburación. Reglaxes.

Tema 10. Descrición dos diversos elementos da instalación eléctrica dun vehículo e as súas respectivas funcións.

Tema 11. Equipos de inxección. Partes, revisión e entretemento.

Tema 12. Cambio de velocidades. Fundamentos e elementos esenciais.

Tema 13. Organización da ponte traseira.

Tema 14. Béstas. A folla mestra. Pernio capuchino. Abrazadeiras e bridas. Operacións para a súa substitución.

Tema 15. Descrición das avarías máis frecuentes na suspensión e operacións que se van realizar nestas reparacións.

Tema 16. Dirección asistida. Descrición e compoñentes.

Tema 17. Descrición dos elementos esenciais dun circuíto de freos de aire comprimido.

Tema 18. Motor turboalimentado.

Tema 19. Descrición dos compoñentes do tren de rodaxe dunha máquina.

Tema 20. A ficha de traballo. A súa relación coa ficha de almacén e cos custos de reparación.

13. Oficial carpinteiro.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivadas da oferta de empego público correspondente ó ano 2000.

Resérvase para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da corporación equiparado ós grupos D e E, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os requisitos sinalados no punto que antecede xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.

Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

TEMARIO ESPECÍFICO

(Os catros primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D)

Tema 5. Carpintería. Acepcións do termo. O taller de carpintería.

Tema 6. Maquinaria de taller: tipos, definición e emprego. Ferramentas e instrumentos auxiliares: tipos, descrición e usos principais.

Tema 7. Maquinaria portátil. Descrición e utilización. Afiado e afinado de ferramentas: definición e modo de facelo.

Tema 8. Clases de carpintería segundo o material. O traballo da madeira. Resistencia e dureza.

Tema 9. A madeira. Clasificación e características.

Tema 10. Corta e tallado de árbores.

Tema 11. Desecación da madeira.

Tema 12. Calidade e defectos da madeira. Defectos por mala calidade dos materiais ou da súa elaboración. Loita contra parasitos que atacan a madeira.

Tema 13. Os contrachapados: características e a súa utilización. Os aglomerados: características e a súa utilización.

Tema 14. Almacenaxe de madeiras, contrachapados e aglomerados. Precaucións que se van tomar. Almacenaxe de pinturas, tintes, lacas e vernices. Precaucións.

Tema 15. Trazado e realización de ensamblaxes. Tipos máis usuais. Emprego. Empalmes, tipos e usos. Ferraxes descrición e o seu emprego.

Tema 16. Marcos e partes de que consta. Tipos máis comúns empregados. Seccións. Portas. Partes de que consta. Tipos, colocación e axustes.

Tema 17. Acabados da madeira. Preparacións segundo tipo de acabado. Ideas básicas de tintes, pinturas e vernices que se van aplicar sobre madeira. Tratamento de protección das madeiras: sistemas.

Tema 18. Reparacións en elementos de carpintería. Persianas, atenuadores e graduadores de luz. Reparacións de pechaduras. Cambio de vidros: materiais, ferramentas e operacións que se van realizar.

Tema 19. Torneado da madeira.

Tema 20. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectiva nas instalacións de carpintería.

14. Axudante de oficios.

I. Número de postos: 3.

II. Características.

En réxime laboral, equiparados ó grupo E para os efectos de titulación,. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo E e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivadas da oferta de empego público correspondente ó ano 2000.

Resérvanse dous postos para promoción interna, entre persoal laboral coa categoría de peóns, equiparados ó grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de estudios primarios, de escolaridade ou equivalente.

Os aspirantes pola tanda de promoción interna, deberán contar coa condición de peóns con contrato

laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza como mínimo.

Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.

ANEXO

TEMARIO

Os tres primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo E.

Tema 4. Ferramentas máis utilizadas polas brigadas de obras, albanelería, electricidade, carpintería e fontanería. Características e aplicacións.

Tema 5. Maquinaria utilizada polas brigadas de obras. Características e aplicacións da formigoneira, compresor, martelo, dumper e compactadora.

Tema 6. Conservación e mantemento de parques e xardíns: ferramentas utilizadas, demoucas e fertilización.

Tema 7. Os materiais da construcción. Clases e aplicación.

Tema 8. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.

Tema 9. A misión do axudante en relación cos diversos oficios: especial referencia ós de albanelería, electricidade, fontanería, carpintería e pintura.

Tema 10. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas de carácter común ós diversos oficios.

Vigo, 6 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde