Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ACORDO do 3 de abril de 2001 polo que se fan públicos os acordos das mesas de selección que xulgan o proceso selectivo, relativos á publicación de puntuacións provisionais da primeira proba.

Realizada a primeira proba eliminatoria escrita prevista no proceso de selección convocado polo acordo do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro), das categorías ATS/DUE, fisioterapeuta, matrona, TEL, TER, auxiliar de enfermería e persoal de servicios xerais, acórdase:

Primeiro.-Confirmar como definitiva a folla modelo anterior de respostas correctas e, polo tanto, publica-las listaxes das puntuacións provisionais acadadas polos aspirantes presentados á primeira proba escrita das diferentes categorías citadas, na oficina de información do propio hospital, na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra e nas direccións provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas.

Segundo.-Contra estas listaxes os interesados poderán presentar reclamación, perante esta dirección, no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo que ninguén terá que achegar documentación de baremación ningunha neste momento.

Vilagarcía de Arousa, 3 de abril de 2001.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés