Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (72/2001-M).

José Antonio Vázquez Tain, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Vilgarcía de Arousa, fago saber que na peza separada de declaración de herdeiros ab intestato dimanante do xuízo de ab intestato número 214/00, seguido perante este xulgado polo falecemento sen testar de Teresa López Pais, nacida o día 25 de febreiro de 1919 en Laxe (A Coruña), filla de Pilar; acordouse por Resolución do 8 de marzo de 2001, chama-los

que se crean con dereito á súa herdanza para compareceren neste xulgado a reclamala dentro de trinta días contados desde a publicación deste edicto, acreditando o seu grao de parentesco coa causante, baixo apercibimento de que de non o verificar recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Dado en Vilagarcía de Arousa o doce de marzo de dous mil un.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado